Como todos sabedes a Unión Europea nunha resolución inxusta como todo o que trae a xeneralidade quere facer desaparecer a pesca de arrastre,
o xeito está encadrado dentro desta especialidade, pero non todas pescas de arraste son iguais. Calculase que 15 barcos de Cambados, aproximadamente poden verse afectados por esta inxusta medida , calculando a tres mariñeiros por embarcación podemos estar a falar de preto de 50 familias cambadesas as que poden ver diminuídos os seus ingresos nun futuro próximo.

Estes días armadores, patróns e mariñeiros afectados estanse a manifestar a longo das
nosas costas, polo que o PP e concretamente tanto o Goberno da Xunta como o Goberno Central deben de poñerse as pilas se non queren ver outra vez mobilizacións no sector do mar.
nosas costas, polo que o PP e concretamente tanto o Goberno da Xunta como o Goberno Central deben de poñerse as pilas se non queren ver outra vez mobilizacións no sector do mar.
O xeito é unha arte de pesca totalmente tradicional e 100% selectiva, si se lle quita aos mariñeiros, vai ser un duro golpe para moitas familias que viven dela. Son un sector ao que parece que algúns queren sacar do mar, pero non están dispostos a renderse tan facilmente e van a seguir celebrando concentracións noutros portos por Galicia adiante.
Non só os nacionalistas do BNG deben liderar estas propostas, todo o pobo galego, no que se inclúe a todos os partidos políticos deben apoiar as reivindicación dos “xeiteiros” , porque son realmente as reivindicacións do pobo galego máis profundo.
FOTOS: FARO DE VIGO.
FOTOS: FARO DE VIGO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario