CONTEDORES DO CENTRO DE SAUDE, COMPORTAS DO SACO, XANTAR DO ALBARIÑO, E SEGURIDADE VIARIA ENTRE AS PREGUNTAS DO BNG MAÑAN NO PLENO
1.- Que nas inmediacións do centro de saúde hai unha serie de locais (centro de saúde, comercios, oficinas bancarias, praza de abastos …) que xeran gran cantidade de residuos
de papel e cartón e que ata hai un tempo dispoñían de contedor específico para a recollida deste tipo de materiais. Hai aproximadamente un ano que o BNG preguntou, nunha sesión plenaria, pola desaparición dos citados contedores e se lle respondeu desde o concello, que estaban sendo arranxados. Como entendemos que este é un lugar estratéxico para a recolección dos citados residuos, é polo que volvemos a preguntar cando se repoñerán os contedores de papel e cartón nas proximidades do centro de saúde?

2.- Nunha das últimas asembleas das mariscadoras da Confraría de Cambados votouse por primeira vez unha
proposta sobre a posición que o colectivo tiña con respecto ao proxecto de construción das comportas para o Saco de Fefiñáns. Nesa asemblea e tras a votación, o colectivo de mariscadores posicionouse, case por unanimidade, en contra da construción das comportas no Saco de Fefiñáns e, así mesmo, o novo Patrón Maior afirmou publicamente, que a Confraría apoiará esta decisión, polo que cremos que a Administración (Concello e Xunta) debería facer o mesmo; por iso preguntamos se unha vez rexeitado o proxecto de construción das comportas no Saco polo sector marisqueiro afectado, seguirá o goberno municipal de Cambados apostando por levar adiante dito proxecto?

3.- Que con data 26 de agosto o grupo municipal do BNG realizou unha serie de preguntas ou peticións, relacionadas coa celebración da pasada Festa do Albariño que, a día de
hoxe, aínda non están contestadas e polo tanto volvemos a repetilas:

* 3.1.- Gastos orixinados pola organización da Festa do Albariño 2014.
* 3.2.- Axudas económicas facilitadas polas Administracións Públicas (diferentes Consellerías da Xunta e Deputación) para a organización deste evento (cantidades recibidas e orixe das mesmas).
* 3.3.- Listado de convidados ao Xantar do Albariño (listado de todas aquelas persoas que asistiron ao Xantar convidados polo concello e a razón pola que foron convidados).
4.- No pasado pleno, o BNG realizou dous rogos; un sobre
a modificación dun pequeno “badén”, situado entre dous máis grandes, no Camiño do Castro e o outro sobre a eliminación de estacionamento para mellorar a visibilidade viaria, na saída da rúa que ven de Burgáns e se encontra coa estrada PO-300, por ser un lugar de moita sinistralidade. Por iso o BNG quere preguntar se o concello ten a intención de levar a cabo ámbalas propostas?

Fotos: La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Google Imaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario