24 de out. de 2014

A VOZ DE GALICIA INFORMA QUE AS FLORISTAS REBÉLANSE CONTRA O MERCADO DE DEFUNTOS DE CAMBADOS

CAMBADOS CELEBRA UN CONCURSO DE CENTROS FLORALES CON MOTIVO DO DÍA DE DEFUNTOS, INFORMANOS FARO DE VIGO.
AS VENDEDORAS HABITUAIS DO MERCADILLO PIDEN AO ALCALDE QUE ELIMINE A VENDA ILEGAL DE FLORES QUE SE PRODUCE ESES DÍAS Á BEIRA DO
CENTRO DE SAÚDE
Nunha información da periodista cambadesa Bea Costa hoxe na Voz de Galicia  informanos que o goberno de Cambados ten unha pataca quente entre mans. A unha semana para Defuntos, as floristas do mercadillo pedíronlle que impida a montaxe de postos de venda de flores nas inmediacións do centro de saúde. É un mercado
puntual que se monta só para estas datas, ao que acoden vendedoras legais e outras persoas que producen nas súas casas e carecen de autorización para exercer esta actividade. «Eses días van vender xubiladas, xente que está no paro e ata mulleres que traballan noutra cousa e aproveitan para gañar uns cartos», segundo explicaba onte unha das afectadas, que prefire manterse no anonimato.
DEMASIADO TARDE
Segue a manifestar o medio que o asunto non só chegou a oídos do alcalde senón que incluso se produciu unha reunión na que o colectivo lle expresou as súas protestas. «O alcalde dounos a razón pero di que xa é moi tarde para tomar medidas», indicaron as mesmas fontes. De maneira que os próximos xoves, venres e sábado, as beirarrúas do centro de saúde volverán encherse de flores.
As vendedoras tiveron pensado ao alcalde outra queixa: a competencia desleal que supón un empresario que desde hai meses opera no mercado Cambados «e que vende ás frores por debaixo do prezo de custe». O colectivo incluso solicitou a solidariedade das florerías de Cambados co fin de facer unha fronte común contra este novo competidor. Neste terreo, Luis Aragunde
díxolles que o Concello pouco pode facer mentres o vendedor en cuestión cumpra con todos os requisitos legais. En todo caso, comprometeuse a vixiar para que todo o mundo que vende o mercado cumpra con todos os requisitos.
No mercado de Cambados traballan media ducia de floristas que acoden desde varios puntos da comarca. A maioría fano desde hai anos e xa teñen o seu espazo fixo reservado nas inmediacións da praza de abastos.
Algunhas tamén participan nesa sorte de mercado de Defuntos que se monta de forma espontánea ao pé da avenida de Galicia, pero a nosa interlocutora xa anuncia que este ano non acudirá. «Prefiro ir a Vilagarcía, onde o mercado das frores é legal», indicó.
CAMBADOS CELEBRA UN CONCURSO DE CENTROS FLORALES CON MOTIVO DO DÍA DE DEFUNTOS, INFORMANOS FARO DE VIGO.
O certamen está aberto a vendedoras do mercado e comerciantes do sector.
O Concello de Cambados convoca un concurso de elaboración de centros florales aberto ás vendedoras do tradicional mercado que se establece na vila con motivo da festividad de Defuntos. Tamén poden participar outros
traballadores do sector.
O grupo de goberno que dirixe Luís Aragunde pretende con esta iniciativa potenciar o mercado de flores que se celebra os últimos días de outubro e os primeiros de novembro e apoiar a todas as persoas que se dedican aos arreglos florales en Cambados.
As bases establecen que cada participante terá que presentar a concurso un centro creado por el. O prazo termina o 31 ao mediodía. Xunto ao centro, deberán mostrar a documentación que avala a súa actividade económica. O
premio consistirá "nun agasallo sinxelo", segundo o Concello.
O mercado de flores de Cambados ten unha gran tradición, e moitas das vendedoras sitúan os seus postos na contorna do centro de saúde. A vila conta así mesmo cun camposanto que aparece reiteradamente nas informacións xornalísticas que se realizan sobre a festividad de Defuntos, e que recientemente quedou nos primeiros postos no certamen dunha revista especializada no sector funerario sobre os cemiterios máis bonitos de España. 

Ningún comentario: