11 de out. de 2014

“DEJADNOS VIVIR, LA GENERACION PERDIDA”, UN LIBRO DO ARREPENTIDO DE VILANOVA MANUEL FERNANDEZ PADIN, EN HERCULES DE EDICIÓNS S.A.,

FERNANDEZ PADIN FOI O PRIMEIRO ENCARGADO DO PAVILLÓN DE DEPORTES DE CAMBADOS.ESTE BLOG FIXOLLE UNHA AMPLA ENTREVISTA EN XUÑO PASADO,NA QUE CONTABA GRAN PARTE DÁS COUSAS QUE CONTA NO LIBRO.
O 'arrepentido' Padín carga contra Garzón no seu libro. Titúlase "Dejadnos vivir" e xa está á venda. O prólogo é de
Foto: Diario de Arousa.
Carmen Avendaño. Sinala o ex xuíz Baltasar Garzón, a quen culpa de "deixarnos tirados". Levou protección dende 1990 ata 2011, ano no que o Ministerio de Interior lle retirou a súa escolta. Dende entón vive en Madrid.

Asegura que o escribiu só. O prólogo de "Dejadnovos vivir" é de Carmen Avendaño, presidenta da Fundación Érguete.
RESUMO DO LIBRO:
Chámome Manuel Fernández Padín e nacín o 24 de xullo de 1959 en Vilanova de Arousa (Pontevedra). A miña xeración tiña ganas de comer o mundo, pero nin un euro no peto. A noite que tomei tres tripis e varios cubalibres de batido de
Unha foto histórica: De esquerda a dereita de Pe: Chon, Cardalda, Montoto (médico), Isidro, Touris (Delegado da Xunta), Acha, Xose Xuan (arquitecto), Fernando, Benito Fdez. Daporta (industrial). Agachados: Benito Leiro (xefe de prensa do Concello de Cambados), Manuel Fdez Padin, Edidio Varela (xubilado), Osorio e Benito iglesias. Nunha excursión do I.E.S. Ramón Cabanillas de Cambados a Madrid.
chocolate con coñac cavei a miña tumba, a miña destrución como persoa, e as consecuencias téñoas que pagar xa de por vida. Ao igual que aos meus amigos os rematou

matando a heroína, a sobredose ou a SIDA, a min esnaquizoume psiquicamente o LSD. Durante unha época traballei vendendo marisco para Melchor (fillo de Manuel Charlín Gama). Anos máis tarde mo encontrei
de novo, dedicado a negocios máis rendibles, e decidín que me introduciría custe o que custe na súa Organización. De todos os xeitos, o que sei seguro é que se as miñas amizades non tivesen sido consumidoras de drogas, eu tería vendido nin un gramo de droga. 

Así resume o autor a súa incursión no mundo do
narcotráfico, cuxos alicerces removería con apenas trinta anos. Vasalo do clan dos Charlins, é detido xusto despois de facer unha entrega de cocaína. Premido e enfermo, decide declarar contra eles. Xuíces, fiscais e altos cargos do Ministerio do Interior póñense aos seus pés e comeza a fraguarse a Operación
Nécora, azoute de traficantes. A cambio da súa declaración no xuízo, garántenlle protección, unha nova identidade e unha pensión de por vida. O Estado fíxose cargo del ata que, subitamente, en 2009 lle retira as escoltas, a pensión, a vivenda, sen proporcionarlle a
prometida nova identidade. Desconcertado e cun futuro que pinta negro, decide contar o seu historia en primeira persoa. Faino para que se saiba a verdade, pero tamén para que sirva de axuda a outros moitos que, como el antes, cren que se pode xogar con lume sen queimarse.
DATOS DO LIBRO
. N.º de páxinas: 256 páx.
. Encadernación: Tapa branda
. Editorial: HERCULES DE EDICIÓNS S.A.
. Lingua: CASTELÁN
. ISBN: 9788492715862

A ENTREVISTA QUE ESTE  BLOG LLE FIXO A FERNANDEZ PADIN ESTÁ DIVIDIDA EN CATRO PARTES QUE PODES LER A CONTINUACIÓN: 

Manuel  Fernández Padin tamén foi entrevistado polo progra SALVADOS de la Sexta.


Ningún comentario: