EULOGIO POMARES E JOSE LUIS ARAGUNDE, PRECISAMENTE DE CAMBADOS, ENTRE OS MELLORES CATADORES DO PLANETA
O Salón José Pena de Cambados acollerá o sábado, 8 de novembro, a partir das 10.30h unha nova edición do
Concurso Amateur de Catadores, unha actividade organizada pola Ruta do Viño Rías Baixas en colaboración co Concello de Cambados e que ten por obxectivo ofrecer a oportunidade ao público xeral de degustar e coñecer mellor os viños da D.O. Rías Baixas. A iniciativa, que chega á súa terceira edición, consolídase así plenamente no calendario de actividades de Cambados.

O prazo para inscribirse e poder participar nesta iniciativa, que é completamente gratuita, xa está aberto. Para iso só teñen que anotarse a través dos teléfonos da Ruta do Viño Rías Baixas: 986 091 088 ou 687 523 230 ou no correo info@rutadelvinoriasbaixas.com.
EULOGIO POMARES E JOSE LUIS ARAGUNDE, PRECISAMENTE DE CAMBADOS, ENTRE OS MELLORES CATADORES DO PLANETA
E falando de catadores, vimos de coñecer recentemente que Eulogio Pomares e José Luis Aragunde que formaban parte do equipo español quedaron de tercerios no concurso organizado por Revísta Du Vin de France, que ben a ser algo así como o campionato do mundo oficioso de catadores.
FOTOS: FARO DE VIGO, LA VOZ DE GALICIA, GOOGLE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario