10 de out. de 2014

O BNG VOLVE A PREGUNTAR POLOS VERQUIDOS DAS TOUZAS DE SAN ALBERTO (TRAGOVE)

VOLVEN  OS CHEIROS OUTRA VEZ, SEGUNDO O BNG, ESTA VEZ EN  OUBIÑA
Segundo o BNG de Cambados o
pasado 30 de setembro reuniuse a Comisión de Pesca do Parlamento Galego para tratar a iniciativa do BNG
relacionada co vertido contaminante que a mediados do mes de agosto se produciu nunha zona de Tragove que ía ser incluída no plan de explotación marisqueira da Confraría de Cambados. En dita Comisión
compareceu o presidente de Augas de Galicia para dar explicacións dos feitos, aínda quen non alcarou  nin a orixe do vertido nin o tipo de contaminante que orixinou unha gran mortalidade de diferentes especies marisqueiras, pero si fixo mención a que este tipo de sucesos contaminantes eran de competencia municipal, polo que SOLICITA: sexan contestadas as seguintes cuestións:
1.- Ten o concello algunha información relevante, referente a este caso, que non fora desvelada na pasada Comisión de Pesca do Parlamento Galego?
2.- Que actuacións realizou, ata o de agora, o concello para tratar de dar solución a este suceso contaminante?
3.- Que tipo de coordinación existiu entre o concello de Cambados e Augas de Galicia, para tratar de resolver este caso?
VOLVEN  OS CHEIROS OUTRA VEZ, SEGUNDO O BNG, ESTA VEZ EN  OUBIÑA
Di o BNG de Cambados que unha vez máis, os cheiros volven a desesperar a veciños e veciñas de Cambados; nesta ocasión na Parroquia de Oubiña e procedentes do polígono de Sete Pías. Desde alí chegan cheiros que non só se sofren nas proximidades do polígono industrial senón tamén en moitos rueiros da parroquia onde haxa un sumidoiro, pois este  está a ser orixe de cheiros nauseabundos que chegan a case todas as vivendas, tendo que abrir ventás para ventilalas. 
Os veciños e veciñas de Oubiña quéixanse de que esta problemática non é nova e que, incluso, determinadas empresas do polígono teñen días que non poden entrar na súa nave e, moito menos ir aos aseos, tendo nalgúns casos que permanecer selados. 
Está claro que esta problemática indica o lamentable
deseño e funcionamento da rede de sumidoiros do polígono industrial de Sete Pías; problemática que non se está a solucionar, como desde o concello se ten afirmado en repetidas ocasións, coa posta en funcionamento da nova EDAR de Ribadumia. Lamentablemente está a comprobarse, día a día, que neste tipo de problemática a situación non fai máis ca empeorar, coa conseguinte desesperación de veciños e veciñas, polo que, SOLICITA: que sexan contestadas as seguintes preguntas:
1.- E coñecedor o concello da situación descrita e dor malestar de veciños e veciñas de Oubiña por ter que soportala?
2.- Que actuacións ou medidas vai a emprender o concello para evitar estes constantes episodios de emisión de cheiros da rede de sumidoiros de Oubiña?


Ningún comentario: