11 de out. de 2014

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS DENUNCIAN UNHA VEZ MÁIS A SITUACIÓN QUE SE ESTÁ A PRODUCIR NO COLEXIO MAGARIÑOS E A INDIFERENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS ANTE ESTE TEMA

"UNHA VEZ MÁIS OS NENOS DE MAGARIÑOS SON OS PRINCIPAIS PREXUDICADOS POLA INOPERANCIA, INAPTITUDE E DEIXADEZ DE LUIS ARAGUNDE",  SEGUNDO DI  O PSOE DE CAMBADOS.
   En outubro do ano pasado os socialistas pedían en Rogos e preguntas que o Concello intentase mediar para dar unha solución definitiva ós problemas do patio do Colexio Antonio
Magariños Pastoriza. Dous meses despois, repiten a mesma solicitude, esta vez cunha moción presentada no Pleno que o Partido Popular votou abaixo cos seus votos en contra. 
Ao mesmo tempo, solicitaron aos
deputados do PSdeG no Parlamento Galego que rexistrasen a mesma solicitude, e así o fixeron mediante pregunta en sede parlamentaria rexistrada o día 13 de decembro de 2013. 
   En xuño deste mesmo ano o goberno local presumía de que as obras ían estar realizadas neste mesmo verán e atopanse os cambadeses en outubro de 2014 e aínda non hai nada feito.
Unha vez máis outra mentira do Conselleiro de Educación e de Luis Aragunde: mentiron sobre a cantidade que se ía destinar á obra, que o 4 de agosto de 2011 decían que ían ser de 386.000€ na propia páxina web da Xunta de Galicia, mentiron sobre cando se ía realizar,
estamos a piques de rematar o 2014 e era unha obra que se ía facer no 2012, mentiron sobre cando se ía empezar coa obra, e mentiron sobre canto tempo ía levar facela.
   As obras no patio comezaron aínda
esta semana a pesar de ter o patio totalmente valado desde setembro e polo tanto inutilizable polos nenos, tanto para as entradas e saídas do colexio, como para os recreos como para desenrolar a actividade de Educación Física. Por se esto non fose bastante grave de
por sí, a Xunta adícase a desprestixiar a labor do profesorado na súa páxina web, sen que o Concello de Cambados rectifique, nin medie , nin se desculpe. 
    Ademáis a empresa non vai poder rematar as obras no plazo previsto que era a vindeira semana, xa que según din non poden seguir
traballando pois non contan co material para o arranxo. A situación é ademáis de esperpéntica, realmente vergonzosa.
A realidade é a seguinte: unha vez máis os nenos de Magariños son os principais perxudicados pola inoperancia, inaptitude e
deixadez de Luis Aragunde.
As clases de Educación Física, un ano máis estánse facendo dentro das aulas: cando é posible na de música e cando non, onde se pode. Os nenos do patio dos maiores teñen que entrar e saír polo patio dos pequenos, houbo
que establecer turnos para saír ó recreo, cambiar determinadas actividades como a Biblioteca e o Plan Lector, merendar dentro das aulas onde logo se imparten as clases aproveitando a media hora na que sae o turno dos maiores ó patio...
Un ano máis a mesma situación que en anos anteriores... Que digan o que queiran pero as cousas demostránse con feitos e o feito está en que un ano máis o patio do Magariños segue sen arranxar...
Os socialistas de Cambados estalles a
seguir  preocupando moito este tema e voltaron a solicitar dos seus parlamentarios que o Conselleiro dea unha explicación sobre este tema e sobre o porqué os nenos do Colexio Antonio magariños voltan a estar, un ano máis sen poder recibir as clases de Educación Física. Onte, 10 de outubro, rexistrouse unha pregunta ó respecto no Parlamento de Galicia.
Se esta situación non se resolve axiña, un ano despois, presentaran de novo a mesma moción que presentaron en decembro do ano pasado, solicitando as mesmas cousas, que segundo o Alcalde Luis Aragunde e os seus concelleiros, votaron en contra, porque xa estaban resoltas.
PREGUNTAS PARLAMENTARIAS DO PSOE SOBRE O COLEXIO MAGARIÑOS:
http://www.calameo.com/read/00034395910a7eba20d0c
http://www.calameo.com/read/0003439590d023028e673




Ningún comentario: