17 de out. de 2014

SEGUNDO O BNG, OS TÉCNICOS DE XUNTA NON APROBAN A REFORMA DA AVDA. ROSALIA DE CASTRO EN CONTRA DO CRITERIO DOS TECNICOS DO CONCELLO DE CAMBADOS.

O BNG TAMÉN PREGUNTA NO PARLAMENTO SOBRE UNHAS COMPORTAS “FANTASMAS” QUE APARECEN E DESAPARECEN.
O BNG de Cambados largou hoxe unha ofensiva mediática en dous frontes o primeiro deles é o da Avda Rosalia de
Castro e que non saiu en ningún medio de prensa,  relativa a contraversia entre os técnicos da xunta e os técnicos do concello no tema da reforma da Avda. de Rosalia de Castro. O BNG informa que unha vez consultado o expediente de autorización para a execución das obras  de “Mellora na rúa Rosalía de Castro”, o BNG puido comprobar que na valoración da
Comisión Técnica de Patrimonio Histórico Municipal, dos 5 membros integrantes da mesma, só os tres dependentes do concello (presidente, aparellador e Técnico Xestor do Patrimonio municipal) votaron a favor deste proxecto, mentres caos dous técnicos pertencentes á Xunta de Galicia (Arquitecta e Arqueólogo da Consellería de Cultura,
Educación e O. U.) se abstiveron. Como queira que as citadas abstencións, por parte dos técnicos da Consellería de Cultura da Comisión de Patrimonio, deberon responder a criterios ou opinións técnicas que os levaron a non apoiar o proxecto presentado; opinións que pensamos, deberon ser explicadas na citada Comisión para ter que xustificar esa decisión, é polo que ven de solicitar do concello que se lle
informe ao BNG cales foron as razóns técnicas polas que Arquitecta e Arqueólogo da Consellería de Cultura, Educación e O. U. non apoiaron o proxecto aprobado de “Mellora na rúa Rosalía de Castro”.
Lembremos que o Concello de Cambados acaba de contratar as obras de reurbanización da rúa Rosalía de Castro, que enlaza a praza de Fefiñáns coa avenida de O Salnés, pasando xunto á coñecida como "torre da homenaxe" do palacio e fronte ao instituto Ramón Cabanillas. A obra ten un orzamento de 78.200 euros.
SEGUNDO O BNG,  O PP DE CAMBADOS E O
ANTERIOR PATRON MAIOR FIXERON UN "PARIPÉ" DAS OBRAS DAS COMPORTAS
O BNG dixo no parlamento que o Partido Popular leva anos na Xunta de Galiza facendo unha política de propaganda e de promesas incumpridas a respecto da eliminación de verquidos no Saco de Fefiñáns en Cambados, así como da súa necesaria
rexeneración. Dentro destas actuacións está o proxecto de colocación de “comportas de regulación hidráulica no Porto de Tragove”, que Portos de Galiza, en connivencia cos responsábeis do Concello de Cambados e da Confraría co anterior  Patrón Maior Benito González a fronte, se empeñaron a levar adiante malia non ter informes que o xustificaran nin avalaran. 
Este proxecto nunca foi para darlle prioridade á produción marisqueira, senón a outros usos como son potenciar e desenvolver actividades náutico-deportivas. Este proxecto afecta directamente ao dominio público terrestre, á súa protección e utilización, alterando o réxime mareal e os outros usos establecidos.
Nunca tivo garantido, nin moito menos, o non impacto desta infraestrutura no banco marisqueiro do Saco de Fefiñáns e o seu impacto ambiental. 
Contra toda lóxica Portos de Galiza adxudicou a obra de construción das comportas no mes de novembro por un
importe de case 500.000€ e un prazo de execución de 7 meses. 

Despois da adxudicación, a empresa iniciou os traballos instalando as estruturas denominadas “tableestacas”, que teñen como función deixar seca a zona onde debían traballar tanto maquinaria coma obreiros,
mais a obra estivo practicamente paralizada durante meses, situación que Portos de Galiza xustifica inicialmente pola “grande complexidade técnica”e agora por xeotécnicos que provocaron a cesión do fondo coa colocación das estruturas, dificultades
que nunca apareceron recollidas nin no proxecto nin en ningún informe. 
Con grande sorpresa @s veciñ@s de Cambados viron como nos últimos días a empresa adxudicataria, e despois de meses de inactividade, procedeu á retirada da maquinaria, das estruturas e incluso da caseta
de obra que tiña na zona. 
Todo parece indicar que estamos diante do abandono da obra, que o PP impuxo malia non contar no expediente cos informes preceptivos e facendo caso omiso ás peticións de que a
prioridade tiña que ser sanear o Saco de Fefiñáns e depurar as augas que se verten nesta zona, evitar a contaminación mariña neste banco marisqueiro para recuperalo para a produción marisqueira como sempre foi, e con isto contribuír a manter os máis de 200 postos de traballo que actualmente ten a agrupación de mariscador@s a pé de Cambados e a xerar máis. 
Por estas razóns o BNG formulou  as seguintes preguntas para a súa resposta oral en comisión no Parlamento de Galicia: 
-Cal é a razón pola que a empresa contratada desmontou a
estrutura de construción, retirou a maquinaria e ata a caseta das obras de “comportas de regulación hidraulica no Porto de Tragove” en Cambados ? 
-Significa isto que non se van construír as comportas do Saco de Fefiñáns? Cal é a razón?  

-Si Portos de Galiza ten a intención de seguir co proxecto en que prazos o vai facer? Vaise manter o orzamento? 
-Canto se ten investido dos 500.000 € nos que se adxudicou a obra? , quen vai correr con estes gastos, a empresa adxudicataria ou Portos de Galiza? 
-Ténselle realizado algún pago a empresa adxudicataria? 
-No prego de adxudicación hai establecida algunha cláusula por incumprimento de contrato e non cumprimento de prazo de execución? En que consisten? 
-A decisión de abandonar a obra foi tomada unilateralmente pola empresa ou foi acordada con Portos de Galiza? 
-Si foi unha decisión da empresa, dado que o prazo de execución das obras de 7 meses, establecido na adxudicación das mesmas, xa está superado, cales van ser as responsabilidades que se lle van esixir á empresa? 
-Si foi acordada en que termos? 
-Cales van a ser as consecuencias para as arcas públicas desta situación? 


Ningún comentario: