3 de nov. de 2014

ARTIGO DE OSCAR MANUEL NUÑEZ SOBRE O DERRADEIRO PLENO EN CAMBADOS.

OS MORTOS
Así leva por título un dos máis fermosos capítulos da novela de James Joyce,  Dublineses.  Adaptada ao cine polo

grande John Huston,  narra unha historia de amor e desamor, de vida e morte, nunha metraxe apaixoada onde se reflicten os grandes temas da Humanidade desde a sinxeleza dunha narración afectada e maxestuosa. Moi paralela á fición, unha testemuña de amor e odio tamén se escenificou non en Irlanda, senon en
Cambados (coa que posúe moitos vínculos - A Galicia de Maeloc). Aquí non hai Cine, pero fai ás veces de tal o Pleno da Corporación Municipal, un espectáculo convertido por


mor da ineptitude do actual equipo de Goberno nunha especie de “Noite no Circo” (Ingmar Bergman). Luis Aragunde nel se convirte nun demiurgo da realidade, e cada dous meses da unha leición de procastinación, que significa non facer nada para mudala faciana da nosa vila. O xoves 30 de outubro foi a  primeira vez que tomei contacto con esa realidade  paralela da que somos presos os veciños, un querer e non  poder da actual Corporación.


Encabeza o reparto D. Luis Aragunde e Aragunde, Alcalde, e a súa dereita,  un elenco de secundarios que lle dan resposta as súas intervencións coa fidelidade propia daqueles que seguen a un líder. Irreprochable. Coma foi unha super producción (preto das tres horas) a modo de conto  vouno desentrañar coa súa  entrada, nudo, e remate.


Entrada

A película do xoves principiou coa aprobación da acta anterior e de seguido, consonte á actualidade na que

estamos inmersos, continuou polas TASAS que segundo a oposición se incrementaron nun 37 % desde que Luis tomou o mando. Unha pequena rebaixa no canon da auga tenta sen éxito  paliar   a xa de por sí maltreita economía dos veciños.  A idea saíu adiante sen votos en contra, agás nun aceno, que para o resto das tasas non hai rebaixa algunha. Habría que


lembrarlle  ao equipo de Goberno que se ten unhas contas e unha economía solvente segundo eles é a costa dos veciños que ollan coma traballan día tras día para pagaren facturas,  un sacrifizo  do que non escoitei dalas GRAZAS a nengún dirixente do PP de Cambados, todo o contrario: se congratulan de que é por mor da súa xestión e de ninguén


máis.  Fátima Abal e Víctor Caamaño coma Voceiros  da Oposición  suliñaron de viva voz que os  veciños de Cambados  se sinten abandonados polas Administracións Públicas. Coma a cuestión a debater facía posível unha rebaixa,  por unha vez que tal cousa ocorre,  con bó criterio decidiron non votar en contra, unha vez son conscentes de que esto é unha cortina de fume pergueñada para ter ecos na Prensa do réxime de boa xestión,  cando en realidade  os vecinos teñen que pagar por todo, agás respirar.

O seguinte dos puntos do día  foi  a cuestión das axudas

para material escolar dirixida aos nenos e nenas de Educación Primaria. Segundo o Blog Cores de Cambados, un dos máis activos e críticos da Comarca (o Xornalismo ten que servir á percura da verdade ),  máis de 300 familias non recibirán un euro,  en beneficio dunhas 100. Destapou o asunto na Comisión Informativa Fátima Abal, portavoz do PSOE que se apuntou un tanto ao sela única que tivo a ben lerse as Bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia, que son un insulto á intelixencia. Debeunas escribir un “Licenciado en Ciencias Ocultas”, unha vez só pode entendelas un marciano de Marte, se hai vida alí.  A resposta do grupo de goberno foi coma a do Conde Lucanor, que son unhas Bases Xerais e que non se podía explicitar mellor  no prego de condicións . Pos digo eu  se alardean de transparencia, traballo e bó gobernó as fixeran específicas, e así non había
sesgo algún de interpretación. Milagros Martínez, Concelleira da Agrupación Socialista de Cambados foi máis alá e deixou no ar unha cuestión que non deixa de ser polo menos curiosa: “Sr. Alcalde, con que toque unha orquesta menos o sábado do Albariño tódalas familias, sen discriminación algunha, tiñan esa axuda”. A resposta de Aragunde foi tildar esa aseveración de demagóxica e lembrou que a Festa do Albariño deixa inxentes moreas de cartos nos veciños e que ten máis repercusión que a Festa da Peregrina de Pontevedra. Eu, a pesar da vehemencia da explicación, non atopo resposta para o que se pregunta.  Hai que separar o que é unha cuestión lúdica co que é unha axuda vital para moitas familias afogadas pola crise
económica. Pode tocar unha orquesta menos e a xente virá aquí igual, total en realidade é unha festa do Partido Popular fai moitos anos convertida  nun macrobotellón culminado por un Xantar,  onde non se invita a nadie que non seña do Partido, e que costa un ril e parte de outro outro aos veciños. Álvaro Cunqueiro, Alberto Casal, e outros intelectuais que fóron quen de dar carácter internacional a este evento cando se decataron do que acontecía,  a deixaron de lado. Hoxe temos unha herencia que non é para nada o proxecto inaugural:  manipularon a idea para facerse donos da mesma e utilizala dun xeito que podemos denominar, polo menos, coma exótica. 

Coma este tema é de todos sabido e a pesares dos esforzos en sinalar que esas axudas non son competencia municipal, deron carpetazo o asunto dicindo millor dar 70 ou 50 euros a 100 familias que 15 euros a 400. Esto non se lle ocorre nen a Víctor Fleming. Que dou coa fórmula da penicilina grazas a que antes Pasteur descobrira o bacilo de Kóch é certo, pero éstes son científicos amateurs. Ata chegan a mesturar o auga co aceite.

Nudo

A estas alturas do Pleno, unha xeira de comentarios en cascada coa Intervención do SecretarÍo en “Comisión de
Servizos” (non se pode expresar mellor),  o Pleno acadou o seu Ecuador, e o vértice do iceberg asomou. Coma non, coma en Media España, o tema do solo fixo acto de presenza. Todo pode mudar porén coma ao longo da Historia acontece ten o control que controla a terra. As Normas Subsidiarias do Concello de Cambados están desfasadas  aínda que vixentes.  Fátima Abal, coma sempre directa e capaz, sacoulle  as cores ao Secretario cando lle tivo a ben lembrar que os informes dos Técnicos non son facultativos e non vinculantes, senon preceptivos, segundo expresa a Lei de Ordenación Urbanística de Galicia (LOUGA, 9/2002). Non se pode estar a estas alturas e despós de 5 anos de retraso desde que están a debullar o novo PXOM para Cambados, tentando dividilo átomo. É certo que hai leis penais en branco que non son diáfanas e están suxeitas a

interpretación, porén non é o caso,  esto está regulado e coma non podía ser doutro xeito hai cousas coas que non se pode xogar xa que son son bens de uso e dominio público. Coma algún representante do Círculo de Podemos en Cambados dixo, do máis sorprendente a presenza en relación co asunto do Superdelegado da Xunta de Galicia por Pontevedra,  José Manuel Cores Tourís, que tivo unha reunión ao máis alto nivel no Concello o luns. O Pinal de Maza  onde a súa dona é propietaria dun


terreno convertido de espazo forestal a agrícola sen o planeamento que a lei reflicte, sen permisos,  e onde segundo o que se publicou  na Prensa, foi obxecto dun movimiento de terras, explanada e máis amplo, sen licencia municipal. O Bloque Nacionalista Galego xa puxo no seu día denuncia por éstes feitos, e a súa tramitación, polo


nervosismo do Alcalde neste punto principiou polo que parece. Está claro que non é culpábel das obras Aragunde asemade o órgano unipersonal que concede ou non as Licencias, segundo o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais, é o Alcalde: “branco e en botella, leite”. Aquí comezou a se exasperar Luis. Fátima Abal esixe de xeito inmediato transparencia,  e todo hai que dicilo, a esta muller non lle
serven as explicacións senon os feitos que a lei recolla, coma calquera persona cun pouco de tino. As interpretacións están fora de lugar cando falamos dun ben tan valioso e novamente a voceira Socialista se impuxo, dicindo que eso ten que estar regulado coma compre facer e ten a competencia plena a Xunta de Galicia, toda: en todo caso a tramitación posterior lle correspondería  ao Pleno.

E entramos na fase onde discrepo do expresado no seu día
por Bea Costa (A Voz de Galicia): a desafectación da Escola Unitaria de Oubiña para se converter en espazo patrimonial e adicalo a temas parroquiais. Nese intre, Aragunde xa estaba fóra de sí, e a palabra Oubiña e o tinglado de Tourís enervouno de tal xeito que comezaron a surxir as descalificacións, exabruptos,  e palabras que eu non pronunciaría nunca nun pleno público porén me dexobo a língua, e hai que conservala para mellor ocasión, que hai moito que facer con ela e de máis proveito. A voceira Fatima Abal di que o voto do PSOE é abstención, que non se fía de que tal cousa seña certa. “Xa van moitas mentiras as que saen da túa boca  para te crer a estas alturas. Tamén a Mercede ía ser

adicada a espazo lúdico, e un adefesio urbanístico montástedes  alí”, bufff, boa a fixo: “COÑO, MACHO, JODER, Fátima,  nesto tamén estas en contra”. Un Luis en estado bravo negaba coa cabeza e a xiraba ollando cara a dereita, buscando a axuda dos seus Concelleiros. Namentras  silenzo e estupefacción no público asistente, que  enche de público os Plenos unha vez estas saídas de pata de banco xa son marca da casa.  Abal corrixe ao Alcalde e volta a repetir que se abstén , que non se fía en absoluto do uso que se vai dar as mesmas. O Rexedor,  unha vez se decata de que se deixou levar novamente pola testosterona, remata cun ton polo baixo dicindo: “É incrible” , coma remata o artigo da compañeira periodista de La  Voz. Xa estaba a lea montada, e todavía non rematara a súa actuación Aragunde.


Remate

A RPT (Relación de postos de traballo) precisa un   suplemento de crédito de 41.000 euros. Víctor Caamaño
lembra a discrecionalidade na súa confección, inadmisible cando o emprego público por lei debe basearse nos principios de igualdade, mérito e capacidade (O oscurantismo, a falla de planificación, horas extras sen motivar, sen partida presupuestaria,  reparos da Interventora “a tutti plen” pola contratación de personal son un dos cabalos de batalla do PSOE de Cambados tamen). Pos para a súa pouca decencia,  tivo  a sorna de dicir que é normal, que

eles (o BNG e o PSOE) farían o mesmo… ten o don da videncia  polo que parece, se merca unha bola de cristal coma a da Bruja Lola,  gañaba máis cartos que coma Alcalde. “Pero vostede que dí, replicoulle con bó criterio Fátima Abal,   pensa  que o pobo é parvo e non sabe coma se contrata aquí”. Cando tales cousas escoitaba, Aragunde ollaba para o teito coma Napoleón no filme de Abel Gance: “As estrelas me falan”, dicía a voz en off.   

Outra andanada chegou cun dos proxectos estrela do PP de Cambados, o  Polígono Industrial de Sete Pías. En verbas do voceiro do BNG a xoia da Coroa de Tourís deseñada para a creación directa de 1500 postos de traballo que están  nun estado de abandono,  segundo Víctor Caamaño (de novo a sombra do Superdelegado  que debe ser un pesadelo nas noites de insomnio de Aragunde). “ODIO OS TEUS
COMENTARIOS, VÍCTOR”, dixo. Pos eso vai no soldo, Presi, a oposición o que ten que facer é opoñerse para iso foi elexida polos veciños, debería sabelo (desde a humilde opinión do que escrebe),  e aquelo está,  en efecto, infrautilizado, unha inxente morea de cartos públicos  que foron parar presuntamente no peto de catro amiguetes.
Seguiu a regueifa alternada coas mocións que presentou a Cofradía de Pescadores de Cambados coma Asociación en defensa da frota do Xeito que foi votada, coma non podía ser doutra maneira, a favor. O cerco tamén a favor, en intervención da concelleira do BNG María Xosé Cacabelos.
Preto do remate,  saíu  outro dos grandes temas da noite: Víctor Caamaño pide a inclusión dunha moción pola vía de urxencia coa prometida posta en marcha e non cumprida a día de hoxe  remodelación do Hospital do Salnés.  Non  hai partida presupuestaria nos Orzamentos da Xunta en 2015, e o único que se  arranxou alí foi o aparcamento, e “alí non se pode operar” (grande o artigo de Víctor en A Ti Meu Cambados). Eso é unha mentira máis. Vótase a urxencia da moción e non é aceptada a trámite porque pode  ir noutro Pleno (coma as listas de espera dos pacientes, volva dentro de dous meses).
O Código de Boas Prácticas aprobado pola Federación Española de Municipios é exposto finalmente  polo Ps de G
ao Pleno para a súa aprobación. A concelleira Milagros Martínez da entrada a misiva lembrando a imperiosa necesidade de devolvelos hábitos éticos e de conducta á actividade da Administración entendida coma o Goberno e os seus compoñentes cara abaixo, que a corrupción campa as súas anchas polo territorio Patrio e que xa abonda. A concelleira
Ana Isabel Oubiña, concelleira do grupo de goberno, e ante o espectáculo noxento que está a dar grande parte dos seus compañeiros de Partido  di que o PP de Cambados VOTA A FAVOR. Con solución de continuidade Mila se apresura a lembrar ao Goberno Municipal que bó goberno significa transparencia, acceso á información, e resto de dereitos amparados polo recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional, por ter especial relevancia no ordenamento xurídico. Segundo o que relatan  Regina
Núñez Mosteiro e Fátima Abal, as outras dúas Concelleiras do PSOE, xa van 7 requerimentos ao Valedor do Pobo para que se permita o acceso á documentación precisa para o bó goberno da oposición sen resposta algunha (neste caso, me atrevo a dicir que de seguir nesta postura está xogando con lume, en sentido metafórico, porén é inexcusable a colaboración co Valedor por parte dos órganos administrativos. En resumidas contas  xa se verá, porque éstes son máis difíciles de mover que a roda dun muíño, parece que manexan unha prensa hidraúlica de esmagar tódalas iniciativas encamiñadas a poñer en práctica o Código que o PP aproba. A realidade está a vista. 
A Sesión remata (coma este artigo, sen tempo non foi) cos
rogos e preguntas formuladas pola agrupación socialista. Dous minutos de reloxo.  Impele a  retirada do título de cabaleiro do Albariño a Jaume Matas i Palou,  lle parece ben ao Alcalde o deste individuo preso que represente ao Albariño no cárcere ou en calquera lado? NON.  Pos a qué espera?  A QUE SE REÚNA O CAPÍTULO SERENÍSIMO, e punto pelota. A continuación, cando ía o Secretario a dar lectura a seguinte pregunta  do PSOE (presuntamente as obras do Patio do Colexio Magariños comprometida desde  fai máis de dous anos e sen rematar),  soprando , e canso de ter que rendir contas, ordena parar a lectura ao Secretario, que as inquedanzas, dúbidas e máis amplo expostas pola oposición lles dará cumprida resposta por escrito.   Dándonos as grazas pola asistencia aos grupos políticos e ao público asistente pecha a sesión e se acerca con solución de continuidade á voceira Fátima Abal para se desculpar pola non invitación aos grupos da oposición a aqueles eventos de carácter oficial que lle fan chegar diferentes Institucións, petición na que esta vez sí se comportou coma debera, ofrecendo as súas desculpas. A postre, e a título particular, sorprende esta dicotomía entre o ben e o mal, o amor e o odio.  Cine con maiúsculas. 
(continuará) 

Óscar Manuel Núñez.-
Cinéfilo.
Cambados, 30 de Outubro do ano 2014







FOTOS: Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Diario de Arousa e Google Imaxes.

Ningún comentario: