24 de nov. de 2014

DENTRO DE 36 ANOS NON HABERÁ PASEO MARITIMO NIN PORTO PESQUEIRO EN CAMBADOS.

UN INFORME DO GOBERNO ESPAÑOL ASÍ O VITICINA.
O cambio climático comerase o dobre de metros previstos na costa galega en
2050.
Un estudo financiado polo Goberno central revela que o nivel do mar en Galicia subirá 30 centímetros nos próximos 36 anos e faralle perder 30 metros de litoral.
O ritmo de crecemento do nivel do mar acelerouse nos últimos anos debido ao cambio climático. O nivel do auga na costa galega subirá ata 30 centímetros en 2050. Como
consecuencia, os 1.720 quilómetros de costa da comunidade retrocederán 30 metros nos próximos 36 anos, segundo as conclusións do informe Cambio climático na costa española, elaborado polo Instituto de Hidráulica Ambiental de Cantabria e financiado polo
Ministerio de Medio Ambiente. Outro informe da Universidade de Cantabria do ano 2006 tamén costeado por Medio Ambiente revelaba entón que as praias retrocederían en
2050 un total de 15 metros, pero os novos cálculos dobran os metros previstos que vai a engulir o cambio
climático.
A partir dos datos dos mareógrafos existentes ao longo da costa española determinouse que a tendencia actual de variación do nivel medio do mar no litoral é de 2,5-3,0 milímetros por ano, polo que extrapolando eses datos ao ano 2050 producirase un ascenso do nivel medio do mar de
entre 12 e 15 centímetros. Pero en Galicia, polas súas especiais circunstancias, será o dobre que a media nacional.
O director do estudo, Íñigo Losada, recoñece que si en Galicia hai un aumento medio de 30 centímetros
"haberá problemas de inundación e erosión". "Por cada centímetro que aumenta o nivel de mar, a costa retrocede un metro. Si isto ocorre pérdese un dos principais mecanismos de protección e afectaría ao turismo", asegura o director de Investigación de IH Cantabria, quen
afirma que tamén se producirían problemas cos portos e as infraestruturas costeiras, xa que non
están deseñados para estas condicións.
A investigación, financiada polo Ministerio de Medio Ambiente, destaca que os efectos máis
importantes do cambio climático nas praias son unha variación na cota de inundación e un retroceso da liña de
costa.
O informe asegura que, segundo os resultados obtidos, "producirase un aumento total da cota de inundación en todo o litoral español, que é inducido principalmente polo aumento do nivel medio do mar". Con todo, na contorna galega e na zona
norte de Canarias "o aumento é maior que no resto do litoral, xa que nestas zonas prodúcese un aumento significativo da altura das olas".
Os expertos explican que no Mediterráneo obtense un aumento de aproximadamente 20 centímetros, mentres que na costa galega e nas illas Canarias "pode alcanzar valores de 35 centímetros". "Este aumento traducirase, debido á reducida pendente das zonas litorais
adxacentes ás praias, en decenas de metros de inundación", advirte Losada.
Outro efecto nas praias é o retroceso da liña de costa. Segundo o informe "as
Iñigo Losada
praias constituídas por areas máis finas e maiores profundidades de corte, é dicir, as que reciben as olas máis grandes, serán aquelas que experimenten o maior retroceso".
A exhaustiva investigación dirixida por Íñigo Losada destaca que se pode estimar un retroceso dun metro na liña de costa por cada centímetro de ascenso do nivel medio do mar". No caso de Galicia, vaticina un retroceso xeneralizado
duns 30 metros nas praias do litoral galego para o ano 2050, só polo ascenso do nivel do mar de 30 centímetros.
Os expertos tamén observaron "un aumento da enerxía do mar que chega á costa cantábrica e galega" e que "a
magnitude do incremento é aínda maior para os sucesos máis extremos na costa de Galicia".
E a comunidade galega non será das máis prexudicadas polo cambio climático. Íñigo Losada explica que as predicións que fan para finais de século, "no peor dos escenarios habería unha subida de 80
centímetros, salvo no Delta do Ebro, a desembocadura do Guadiana e o Guadalquivir que pode ser un pouco maior". "No caso máis favorable, si empezamos a mitigar agora, estariamos falando dunha subida superior aos 20 centímetros", asegura.
O cambio climático non só afectará á subida do nivel do mar. Como consecuencia, Íñigo Losada advirte de que o impacto do retroceso da liña de costa pode supoñer "máis do 10% do PIB nalgunhas provincias españolas". Os municipios costeiros españois, que ocupan o 7% do
territorio, albergan ao 45% da poboación nacional. Por exemplo, o 60% da poboación da provincia da Coruña reside na costa.
Con respecto aos posibles efectos nas infraestruturas marítimas, o cambio climático supoñerá importantes modificacións no pase e inundación, tanto en estruturas en noiro como en estruturas verticais que conforman moitos dos paseos marítimos das cidades. O informe tamén avisa de que o cambio climático carrexará importantes consecuencias en canto á estabilidade dos diques. "Na ontorna Cantábrica necesitarase aumentar o tamaño das estruturas en noiro aproximadamente un 20%, excepto na costa galega (nos diques moi expostos ao mar exterior) onde as variacións deberían ser ata do 50%", sentenza.
NOVA RECOLLIDO DE "LA OPINIÓN" DE  A CORUÑA.
FOTOS: ALZA LA VOZ CAMBADOS, CORES DE CAMBADOS, FARO DE VIGO,. MONTAADICTOS CAMBADOS, HORRO, SANTIAGO CHARLIN E A TI MEU CAMBADOS.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.


Ningún comentario: