5 de nov. de 2014

O VICEPRESIDENTE DA XUNTA, ALFONSO RUEDA, PARTICIPOU NO ACTO DE ENTREGA DUNS RECOÑECEMENTOS AOS POLICÍAS LOCAIS

ENTRE ELES FOI GALARDONADO O POLICIA CAMBADÉS JOSE ANTONIO PADIN TORRES POR LEVAR MAIS DE 25 ANOS NO CORPO.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou nantronte pola formación e a preparación dos axentes de policía local galegos en materia de violencia de xénero. Foi
José Antonio, sinalado cunha flecha,
no acto do luns.
durante o acto de entrega duns recoñecementos do traballo de varios axentes das Policías Locais de Santiago e Pontevedra e Cambados, que se celebrou na sede da Academia Galega de Seguridade Pública.

José Antonio Padin Torres recibiu unha medalla por levar mais de 25 anos de servizo, concretamente leva 27 anos no corpo. Non asistiu o acto o Alcalde de Cambados, delegando neste caso no Teniente
de alcalde Antonio Pombo. 

Rueda defendeu o importante labor destes axentes, os máis próximos ao cidadán, e anunciou que terán un papel fundamental na rede de Alerta Municipal para a detección temperá de casos de violencia de xénero. Para que cumpran con esa función de xeito meritorio brindoulles a colaboración da Agasp, como centro encargado da súa formación.
Os nosos parabéns ao policia galardonado.


Ningún comentario: