5 de nov. de 2014

UNHA CAMBADESA, A TERCEIRA MELLOR PELUQUERA DE ESPAÑA

O BLOG “ALZA A VOZ CAMBADOS” DESVELA A NOVA DE SARA FARIÑA 
Un novo éxito para a súa carreira. A peluquera cambadesa Sara Fariña conseguiu alzarse co terceiro premio (categoría bronce) da categoría española do
concurso internacional Trend Vision que se celebrou este fin de semana en Marruecos e no que loitaba por converterse
na mellor peluquera de España e ser a súa representante na final que se celebrará a ultíma semana de novembro en Mónaco . A galega acudía a esta proba representado aos profesionais de todo o norte de España e cunha proposta que contaba con vestuario do diseñador galego Jairo Rodríguez e que lucía a modelo pontevedresa Carolina Rivas. As súas impresións
tralo certamen (do que vos deixamos unhas fotografías) non poderían ser mellores. "Estou moi contenta", confesaba en conversación con "ALZA LA VOZ CAMBADOS. "Entre 70 e pico candidatos principais ser o premio bronce en España é un privilexio. foi unha competición de moi alto nivel con traballos impresionantes", argumentaba.
Agora Fariña espera ter un recibimiento por parte das súas clientas similar ao que tivo o ano pasado, cando competiu no mesmo certamen que se celebraba entón na República Checa. 
TEXTO E FOTOS: ALZA LA VOZ CAMBADOS.

Ningún comentario: