2 de nov. de 2014

XIRONSA INVÍTATE AO MAGOSTO. O VINDEIRO SÁBADO 8 DE NOVEMBRO, COA ACTUACIÓN ESPECIAL DE “FAÍSCAS DE SOLOBEIRA”.

A PARTIR DE 17 DE NOVEMBRO TALLER DE TEATRO EN XIRONSA IMPARTIDO POR MANOLO PILLADO.
O vindeiro 8 de Novembro a partir das 19 horas no Centro cultural Xacobe Castro de Corvillón – Cambados terá lugar
o tradicional magosto organizado pola Asociación cultural mais bulideira de Cambados. Poderás participar no “Taller de Cabazas” e poderás ser testemuña dun concerto dun dos mellores cuartetos de música Tradicional de hoxe en día “Faíscas de Solobeira”. Tamén poderás degustar gratuitamente as tradicionais castañas así como viño todo de balde. Ao remate fin de festa con foliada e baile.
A PARTIR DE 17 DE NOVEMBRO TALLER DE TEATRO EN XIRONSA IMPARTIDO POR MANOLO PILLADO.
Unha nova actividade á que se suma XIRONSA, aberta a todos os que queirades participar, tanto si vos gusta a interpretación como si queredes probar as vosas dotes artísticas, non deixedes pasar esta oportunidade. O tempo
apremia!!! a actividade comeza o próximo 17 deste mes e a prazas son limitadas. O curso será impartido por Manolo Pillado cunha dilatada carreira  como afeccionado no teatro, a duración e dende o 17 de novembro ate o mes de maio, o horario será todos os luns de 20.30 a 22 horas, o prezo para os socios é de 30 € e para os non socios de 40 € (importe de todo o taller). Para apuntarte podes facelo no local de ensaio sito nas Escolas Unitarias de Corvillón ou ben chamando ao telefono 645827205.

Ningún comentario: