AS XSG CAMBADOS PÍDENLLE A LUIS ARAGUNDE QUE DEIXE DE ENGANAR AOS CAMBADESES E DE DEFENDER AOS SEUS AMIGOS CORRUPTOS
As Xuventudes Socialistas de Cambados saíron hoxe ao paso das declaracións de Luis Aragunde nas que afirmaba
deixar en mans do Capítulo do Serenísimo a decisión de se o seu compañeiro do Partido Popular Jaume Matas debería ostentar o cargo de Cabaleiro do Albariño.
deixar en mans do Capítulo do Serenísimo a decisión de se o seu compañeiro do Partido Popular Jaume Matas debería ostentar o cargo de Cabaleiro do Albariño.
Ismael Agra afirmou “é vergoñento que Luis Aragunde afirme deixar en mans
do Capítulo do Serenísimo que o seu amigo que está na cadea siga representando ao noso viño e a Cambados cando el mesmo forma parte da mesma, polo que podería tomar partido en calquera momento ”.
do Capítulo do Serenísimo que o seu amigo que está na cadea siga representando ao noso viño e a Cambados cando el mesmo forma parte da mesma, polo que podería tomar partido en calquera momento ”.
“No mes de xullo pedímoslle que na xuntanza do Capítulo Serenísimo, como Copeiro Maior, solicitase que se lle fose retirado o título a Jaume Matas, sen obter resposta, polo que ese silencio é entendible como complicidade con que o encadeado
popular siga representando a Cambados”, engadiu o Secretario Xeral.
popular siga representando a Cambados”, engadiu o Secretario Xeral.
Agra concluíu afirmando que “as declaracións de Luis Aragunde o único que pretenden e botar balóns fóra”. “Non ser contundente contra a corrupción e os corruptos
demostra a conivencia de Aragunde e todo o Partido Popular coa mesma”.
demostra a conivencia de Aragunde e todo o Partido Popular coa mesma”.
Fotos: A Voz de Galicia, Faro de Vigo e Google Imaxes.
Xuventudes Socialistas de Cambados
xuventudes@socialistascambados.com www.xuventudes.socialistascambados.com
Xuventudes Socialistas de Cambados
Rúa Borrón 11, 1ºEsquerda
36630 Cambados
Ningún comentario:
Publicar un comentario