21 de dec. de 2014

A UNICA EMPRESA QUE SE PRESENTOU PARA XESTIONAR A PISCINA DE CAMBADOS ACUMULA PERDIDAS POR 33.738,73 € NO EXERCICIO 2013

O PLIEGO DAS CLAUSULAS ADMINISTRATIVAS E PRESCRIPCIONS TECNICAS DA LICITACION DO CONTRATO DE XESTION DE SERVIZOS MUNICIPAIS SO ESIXE COMO SOLVENCIA ECONOMICA UNHA DECLARACION DUNHA ENTIDADE FINANCIEIRA NA QUE SE FAGA CONSTAR QUE O CONTRATISTA DISPON DE SOLVENCIA ECONOMICA E FINANCIEIRA SUFICIENTE.
O SECRETARIO MUNICIPAL EMITIU UN INFORME FAVORABLE DA LICITACION A PESAR DE FACER REFERENCIA NEL QUE O PLIEGO DEBE REFLEXAR UN
UMBRAL MINIMO DE SOLVENCIA ECONOMICA QUE NON SEXA DESPROPORCIONADO, QUE NON É CORRECTO LISTAR SIMPLEMENTE OS MEDIOS DE SOLVENCIA PRECISOS E RECOLLER EXPRESAMENTE UN CRITERIO, QUE FOI O QUE SE FIXO POR PARTE DO CONCELLO E A PESAR DELO EMITE UN INFORME FAVORABLE DO MESMO.

Estes dias saíu publicado nalgúns medios que a empresa
galega Aquacid S. L. foi a única que presentou oferta para facerse cargo da xestión da piscina municipal de Cambados para os próximos oito anos, con dous posibles prórrogas, por un importe de catro millóns de euros. Ben unha vez investigado un pouco atopámonos con que a empresa que presentou a oferta tratase de AQUAFIT GESTION SL, que leva a xestión de varias Piscinas municipais: Rianxo, Teo, A Guarda, Arteixo… pero que polo que reflexan as Contas Anuais da mesma presenta unas perdas acumuladas no seu balance de 33.738,73 € no exercicio 2013, ademais de presentar unas débedas con acredores que pasaron do 2012 de 73.547,52 €, a chegar no 2013 a 124.456,54 €, e que polo tanto tratase dunha empresa con perdidas acumuladas exercicio tras exercicio e que a maiores incrementou a súa débeda un 60 % no ultimo exercicio.

O que mais chama a atención e que no Prego de cláusulas Administrativas elaborado polo concello para esta licitación como se pode ver na imaxe adxunta, no apartado de Solvencia Económica, so se fai referencia a necesidade de aportar unha “Declaración apropiada dunha entidade
financeira na que se faga constar que o contratista para este servizo que se licita dispón de solvencia económica e financeira suficiente”, polo tanto, nin se lle piden que remita as Contas da empresa para ver a súa solvencia, nin as débedas ou a facturación que presenta, so simplemente unha declaración dunha entidade financeira e que nin dun Aval se trata e que polo tanto non o vincula nada co mesmo. Tendo en conta a situación na que deixou o anterior adxudicatario os traballadores da mesma, deberíase ter reparado un pouco mais neste criterio, e mais cando o Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público no referente a Solvencia económica establece:
Artigo 75. Acreditación da solvencia económica e financeira.
1. A solvencia económica e financeira do empresario deberá acreditarse por un ou varios dos medios seguintes, a elección do órgano de contratación:

a) Volume anual de negocios, ou ben volume anual de
negocios no ámbito ao que se refira o contrato, por importe igual ou superior ao esixido no anuncio de licitación ou na invitación a participar no procedemento e nos pregos do contrato ou, na súa falta, ao establecido reglamentariamente.

b) Nos casos en que resulte apropiado, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais por importe igual ou superior ao esixido no
anuncio de licitación ou na invitación a participar no procedemento e nos pregos do contrato ou, na súa falta, ao establecido reglamentariamente.

c) Patrimonio neto, ou ben ratio entre activos e pasivos, á pechadura do último exercicio económico para o que estea vencida a obrigación de aprobación de contas anuais por importe igual ou superior ao esixido no anuncio de licitación ou na invitación a participar no procedemento e nos pregos do contrato ou, na súa falta, ao establecido reglamentariamente. 
E polo tanto a vista do exposto, que queda claro que no foi tido en conta ningún destes criterios de solvencia económica que establece a lei. 
Outra das cousas que chama a atención e o Informe Favorable por parte do Secretario do Concello que se adxunta no propio prego de licitación, Informe favorable pero que no relativo a solvencia económica, deixa claro que nos pregos debe recoller expresamente un criterio ou umbral de solvencia que a administración debe utilizar para xulga-la solvencia dos licitadores, e non é correcto listar simplemente nos pregos os medios de solvencia ou algúns
deles, pois a pesar de que no propio prego non se especifica umbral algún de solvencia económica para poder licitar o concurso si non unha mera declaración dunha entidade financeira dálle a validez o mesmo co seu informe favorable. Tendo en conta que este prego foi aprobado nun pleno extraordinario no Concello de Cambados sorprende inda mais que ningún partido da oposición ata o de agora sacara estes datos a luz, e que lle esixira que como mínimo se cumpriran algún dos requisitos en relación a Solvencia Económica establecidos na Lei de Contratos do Sector Público, xa que vimos dun anterior adxudicatario que deixou unha débeda de varios meses os traballadores da Piscina Municipal pola súa mala situación financeira. 
FOTOS: Faro de vigo, Diario de Arousa , CIG e A TI MEU CAMBADOS.




Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI 


Ningún comentario: