26 de dec. de 2014

¡IMOS TODOS AO PPORTAL DE BELEN CAMBADES!

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
      Creo lembrar  que foi Francisco Goya quen dixo nunha das súas obras aquela cita de que: "El sueño de la
razon produce monstruos". Non serei eu quen lle leve a contraria ao gran pintor aragonés pero a min o único sono que me produce monstros é o sono que me da cando bebo
e ceno algo mais da conta e, non sei porque, aparécenme nese estado onírico, figuras peperas para dar e tomar;  pero non sexades mal pensados que non son sonos de carácter erótico nin sexual aínda que cuns varóns tan guapos no concello, como, por exemplo,  o tenente alcalde Toñito Pombo, sen dubida, poderíase derreter mais de unha. 
      A cuestion e que estaba o outro dia, despois de cear,   acabando de rematar unha botella de viño, mentres vía unha película típica do Nadal (“Family Man”, creo recordar) cando caín nos brazos de Morfeo i,  en sonos, vinme transportado a un portal de belén vivente; este portal vivente, un tanto
particular,  atopábase situado diante do concello e  no mesmo distinguíanse, claramente, as figuras de San Jose e a Virxe María pero con rostros que me resultaban moi familiares; en concreto, San Jose tiña a cara de Luís Aragunde, ata certo punto algo lóxico, pois todos o temos visto,  en mais dunha ocasión, con que aspecto respectuoso e sentido  vai nas procesións,  rezumando espiritualidade por cada poro da súa pel,  polo tanto, non me debería de estrañar que no meu sono interpretase o papel do pai putativo do neno Xesús; eu comecei a chegarme, pasiño a pasiño,  ata eles e fixeime, nesta ocasión, na Virxe María que levaba o rostro da concelleira Mónica Brea Troncoso  que me sinalou o pesebre onde estaba tapado e durmindo profundamente o neno Xesús "tranquilo, cando durme nada o esperta" díxome con voz doce a Virxe María Troncoso.
      Aínda que tiña curiosidade por verlle o rostro ao neno
Xesús, desistín da idea mentres comecei a moverme pola praza e ollar   para  outros personaxes do belén; en concreto, fixeime nun pastor agachado  detrás dunha das palmeiras, en clara postura do "caganer", unha típica figura dos beléns, sobre todo  cataláns, na que saen literalmente (e perdón pola expresión) "cajando"; este pastor en actitude tan pouco decorosa tiña o rostro de Fulares. "Non me estraña que teña cagadeira" razoei  "soamente de pensar que están próximas as eleccións municipais de maio e, ante a posibilidade de perder o choio, a este pónselle o estómago agradecido que ten mais brando do que debería"
      
      
      Deixei ao "caganer" Fulares e seguín paseando por este
belén cambades; i,  en concreto,  fóiseme a vista para o castelo de Herodes, representado polo pazo de Fefiñans e no que estaba este personaxe. Seguro que vos estades a preguntar quen poñía cara ao histórico gobernador de Judea  e asasino de nenos i esta claro que ese non podía ser outro que Benitiño Pelea. O Herodes do mar galego en xeral e da pesca do cerco en particular, quen dende o alto do castelo, amosábase arrogante e “chulesco”. 
      Volvín xunto as figuras de San Jose “Aragunde” e a Virxe María Troncoso, para observar, nesta ocasión, as figuras do boi e da mula; o boi tiña uns grandes cornos e o seu rostro era a de Xoán o concelleiro “pintamonas” dos plenos mentres que a mula tiña o rostro da deputada Rosa Oubiña o que me levou a preguntarme si, realmente, era unha mula
ou unha burra o que acompañaba ao neno Xesús.  Nesas estaba cando, dende o horizonte, en concreto dende o alto da avenida de Vilariño  recoñecín as figuras inconfundibles dos tres reis magos montados nos seus camellos; a medida que se achegaban distinguín as caras das súas maxestades de Oriente e que non eran outras que as de “Melchor” Tourís, “Gaspar” Louzán e “Baltasar” Feijoo. 
      “Normal que veñan montados en camellos para algo  tiña  Feijoo entre os seus amigos ao narco Marcial Dorado”, pensei para min.  
      O meu sono estaba a punto de rematar pero eu non me
podía ir sen verlle o rostro ao neno Xesús, o cal a pesar da xente que se comezaba a congregar fronte ao portal, durmía sen que nada parecese espertalo; pedinlle permiso a Virxe María Troncoso para apartarlle un pouco a manta que o tapaba e descubrín que levaba o rostro de Euloxio Pomares “Locho” o concelleiro que asistía aos plenos para botar mais dunha sonata.     
      “Está claro que a este neno Xesús non o esperta nin todos os tambores do Imperio Romano batendo á vez” pensei mentres espertaba do sono.  

            ¡¡FELICES FESTAS A TODOLOS CAMBADESES E QUE O PROXIMO 2015 SEXA MELLOR QUE ESTE QUE ESTAMOS A PUNTO DE REMATAR!!  


    Un saúdo a todos.
      
                 RICARDO DOMINGUEZ REY 
             






Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: