30 de dec. de 2014

QUERIDOS REIS MAGOS: MELCHOR (FATIMA ABAL), GASPAR (VICTOR CAAMAÑO) E BALTASAR (LUIS ARAGUNDE.)

Queridos Reis Magos, a pesar de ter 57 anos aínda creo firmemente en vos , e retrotraéndome a miña idade infantil quérovos pedir  unha soa cousa, aínda que cando era neno miña nai sempre
me dicía que como moito so se podían pedir tres cousas, eu, insisto,  so vos vou pedir unha,  aínda que coido que vai ser moi difícil, e esta cousa voulla pedir unicamente e Melchor e a Gaspar, “quero me que traiades a Alcaldía de
Cambados novamente”, que pase outra vez a mans de xente honrada, progresista, traballadora e sobre todo austera nos tempos que corremos, non quero que traiades unha alcaldía deshonesta, vaga, gastadora e inútil iso é o que temos na actualidade, insisto sei que é moi , pero que moi difícil.  Para conseguir isto que vos pido tedes que ter en conta dúas premisas básicas, pero tédelas que levar ao dediño, pois senón o agasallo que vos pido é practicamente imposíbel:
1º.- Tedes que buscar xa,   o xeito ou método de establecervos nas parroquias, e dicir tratar de aminorar a cantidade inxente de votos que o PP consegue tanto en Corvillón, como en Vilariño, como en Oubiña ou sobre todo en Castrelo. Como tedes que facer?, pois iso
déixovolo a vos para iso sodes Reis Magos. Baltasar nestas parroquias ten espallados uns elementos que aquí por Galicia lle chamamos “caciquillos”, pero o seu verdadeiro nome é “esbirros”.
2º.- Tedes que falar coa prensa seriamente e darlle un “toque” moi serio, pois o único que fan e tomarvos o pelo todo o mais que poden,  sobre todo a Melchor e Gaspar, todo elo en beneficio clarísimo de Baltasar quen ademais sen que vos vos deades conta adícase a agasallalos de xeito descarado sobre todo na festa do Albariño , sendo axudado a veces por outros reis entre elas un tal Herodes (Feijoo), e perfectamente dirixidos por un amigo deles (e familiar dalgún) dende o propio concello.
Se non conseguides estas dúas premisas non tedes nada que facer, pois  eu teño estado en outras ocasións en comicios electorais e contando que  zona centro (Cambados, Fefiñans e Santo Tome) e mais oscilante en canto a voto en troques as parroquias citadas agás algúns “valentes” , o resto son votantes "inducidos", por usar un termo moderado,  do PP.
Espero que non fagades como cando era pequeno e lle
pedía aos reis  unha cousa difícil , viña o día de reis  e a miña nai dicíame  “botáronche uns reis un cinto e unhas pistolas de “juesillo”,  o balón de coiro non cho puideron traer, porque non o conseguiron”. Insisto,  se non tedes conta esas dúas premisas non hai nada que facer. As listas electorais é o de menos xa vedes a banda de impresentables que levan algúns e votannos igual.
Doutra banda teño un agasallo seguro  por parte de Baltasar incluso non fai falta que llo pida, sei con toda seguridade que Baltasar vaime traer moito carbón porque con el fun moi “malo” (segundo me contou un dos seus “paxes”). 
Non me decepcionedes. Espero o meu agasallo en maio, queridos Melchor e Gaspar.
XAQUIN CHARLIN "CHON".




P.D.- Prometo ser bo (con case todos).




Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: