12 de xan. de 2015

NOVA POLEMICA SOBRE O PIROPO.

Angeles Carmona
ANGELES CARMONA: "SUPÓN UNHA INVASIÓN NA INTIMIDADE DA PROPIA MULLER PORQUE NINGUÉN TEN DEREITO A FACER UN COMENTARIO SOBRE O ASPECTO FÍSICO DA MULLER" (2015).
XAQUIN CHARLIN: "É MACHISTA "PIROPEAR" A UNHA MULLER PORQUE A MULLER NON CHE PEDIU OPINIÓN SOBRE O SEU CORPO" (2012).
A presidenta do Observatorio contra a Violencia de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), Angeles Carmona, Secretaria Judicial, acabe de desatar novamente a polémica a nivel estatal.  A Sra. Carmona que foi nomeada membro do Consello Xeral do Poder xudicial a proposta do
Partido Popular, asegurou que o piropo supón unha invasión á intimidade da muller, polo que defendeu a importancia eliminalo, aínda que sexa afagador.
"O piropo foi sempre permitido e asumiuse como algo normal, pero o certo e verdade é que supón unha invasión na intimidade da propia muller porque ninguén ten dereito a facer un comentario sobre o aspecto físico da muller", indicou Carmona nunha entrevista en RNE.
A presidenta do Observatorio recordou que en cidades como El Cairo as mulleres van con auriculares e tapóns "para non escoitar os comentarios deste tipo e aínda que sexan bonitos, bos e agradables e sexan actitudes absolutamente permitidas na nosa sociedade, deben ser erradicadas e debe haber moito máis respecto pola imaxe da muller".
Xaquin Charlin Administrador deste blog denunciara en xaneiro do 2012 un concurso de piropos (por certo saiu na tele a nivel estatal no programa “Mas Gente –comeza no minuto 32.54” e tamén en Faro de Vigo)  que organizaba zona centro alegando que Luis Aragunde avalaba un concurso machista e misoxeno organizado pola citada asociación. Dicia Charlin que "É machista "piropear" a unha muller porque a muller non che pediu opinión sobre o seu corpo, e polo tanto, é ilexítimo que se lle impoña escoitalo."
Curioso que daquela Luis Aragunde pronunciarase dicindo que era un debate absurdo nos tempos que corriamos e que o piropo era algo bonito. Gustarianos saber agora a súa opinión sobre as verbas da Sra. Carmona.
Mira por donde unha persoa que foi designada polo seu partido acaba de darnos a razón.
O mais curioso é que Charlin saltou tristemente a fama porque en xuño do 2012 usou indebidamente un piropò politicamente incorrecto para denunciar un abuso de vicepresidencia
do goberno polo que cal habia unha partida para gastos extras de xinecologo da Soraya Saiz de Santamaria a cal calificou como “Chochito de Oro”, por certo piropo que non era da súa colleita. Piropo que lle custou a dimisión a Charlin como concelleiro do BNG. Pero en troques neste caso o piropo a Luis Aragunde xa non lle gustou tanto e aproveitou con certa, periodista, certo xefe de prensa e o seu partido  unha vasta operación para denigrar a Charlin a nivel estatal.
O mais curioso é que os comentarios no peridico “El Mundo” na noticia , periodico como sabedes afin ao PP, son "poñendo a parir" a Angeles  Carmona. Incluso alguen en Cambados, afin ao PP di no seu facebook criticando a Sra. Carmona “Esta señora cobra o é un cargo altruista”.  Pois si querido amigo cobra bastante,   e grazas o teu partido.
Que chea de voltas da a vida verdade?.

Fotos: El Mundo e A TI MEU CAMBADOS.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

1 comentario:

nano besada dixo...

Unha cousa é un piropo dito a unha muller que non che dou confianzas como para que nin siquera lle dirixas a palabra e outra moi distinta é saudar con un "hola guapa" a alguén cuia confianza cho pode permitir. Neste caso dame igual un "hola guapa" que un "hola guapo", ou sexa que lonxe de calificalo de machismo, poería quedar en saúdo cordial e sempre que a confianza o permita. Sobre o de "chochito de oro" xa falei dabondo noutra ocasión. Para min é unha merecida crítica política a un despilfarro e me pareceu e segue a parecerme unha tremenda metedura de pata por parte do BNG de aconsellar a dimisión de Chon.