5 de xan. de 2015

O ANO REMATA CON NOVAS SUBIDAS DO PARO NAS NOSAS COMARCAS.

CAMBADOS , GRAZAS A LUIS ARAGUNDE, CONTA CON 110 PARADOS MAIS.
As nosas comarcas ó igual que o resto da provincia, non rematan o ano con alento e continúan a rexistrar notables aumentos no número de desempregados, todo ó contrario que os datos estatais que volven a anotar descensos nas listas do paro.

A comarca de O Salnés perdeu 557 postos de traballo durante o mes de decembro en todos os seus municipios, sendo o concello de O Grove no que máis persoas, 132, se anotaron nos Servizos Públicos de Emprego.
O concello de Cambados tamén rexistrou
cifras altas, con 110 desempregados máis, seguido de Vilagarcía de Arousa con 96 parados máis e Vilanova de Arousa con 84.
Un pouco por debaixo sitúanse Meis, con 44 persoas que perderon os seus postos de traballo, Sanxenxo con 37, Meaño con 21,
Ribadumia con 18 e por último A Illa de Arousa con 15 desempregados maís.

A comarca de Caldas tamén anotou aumentos nas listas do paro, con 140 persoas maís, e con subidas en todos
os concellos agás en Cuntis, onde atoparon traballo 12 persoas e en Portas 2.
Pola contra, o concello de Valga perdeu 49 traballadores, seguido de Catoira con 46 e Caldas con 43. Con datos un pouco máis baixos Moraña conta con 12 desempregados máis e Pontecesures con 4.

As cifras rexistradas na comarca de Pontevedra son un pouco máis tranquilizadoras ainda que non deixan de ser malos datos para o desemprego, cun aumento de 2 persoas no Servizo Público de Emprego. Neste caso, no concello de Poio 22 persoas atoparon traballo, o igual que en Ponte Caldelas con 7, A Lama con 4 e Vilaboa con 1. Todo o contrario que Barro, que aumentou en 19 o número de parados, Pontevedra en 7, Cotobade en 6 e Campo Lameiro en 4.

A comarca de O Barbanza non tivo mellor sorte, e rexistrou un aumento de 560 persoas que quedaron sen emprego durante o mes de decembro. O concello con peores datos foi Boiro, no que 233 persoas volveron a ser desempregadas, seguido de Rianxo con 176.
A Pobra do Caramiñal con 96 parados máis e Riveira con 55 tampouco remataron o ano con bos números.
INFORMACION RECOLLIDA INTEGRAMENTE  DE AROUSA SI RADIO SALNES.

FOTOS: CORES DE CAMBADOS E A TI MEU CAMBADOS.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: