5 de xan. de 2015

O PRIMEIRO CONCERTO DE 2015 DO GRUPO CAMBADÉS TREIXADURA SERA NO TEATRO JOFRE DE FERROL.

O CONCERTO DE TREIXADURA CELEBRARASE O 31 DE XANEIRO
Tres eventos inclúe a programación do teatro Jofre para o que resta de mes de xaneiro, apenas iniciado. O teatro
autóctono terá a súa primeira cita o próximo día 24 coa representación de Demolición, a cargo de Talía Teatro. A función comezará ás 20:30 horas, con entradas a prezos entre 4 e 8 euros.
A emblemática compañía propón unha velada cargada de humor, emoción, dor, pracer, divertimento e reflexión a un tempo. O diálogo entre personaxes centra a atención, cun conflito e os seus alrededores como telón de fondo. A música correrá a cargo
este mes da Real Filharmonía de Galicia e do grupo Treixadura, que actuarán os días 28 e 31.
No primeiro caso, organiza o recital (20:30 horas) a Sociedade Filarmónica Ferrolana, con entradas para socios só dispoñibles na taquilla do coliseo por 6, 12 ou 15 euros. Mentres, Treixadura presentará o seu traballo Vendima tarda (20:30) en colaboración coa coral Cantigas e Agarimos. Con este álbum, a formación celebra a súa 25 aniversario, resumindo a súa carreira e avanzando pezas inéditas. Por 8 e 12 euros.
FOTOS: CASADETOLOS
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: