24 de xan. de 2015

O SECRETARIO CONFIRMA QUE DESAPARECEU UN EXPEDIENTE DO CONCELLO

Secretario Concello 
OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS POÑEN EN EVIDENCIA UNHA VEZ MÁIS AS MENTIRAS DE LUÍS ARAGUNDE NA SÚA RESPOSTA SOBRE OS LITIXIOS URBANÍSTICOS PERDIDOS POLO CONCELLO.
A formación que lidera Fátima Abal lémbralle ao alcalde que, se a oposición recibise en tempo e forma a documentación requerida do Concello, ésta podería realizar as súas labores fiscalizadoras con maior axilidade. “En lugar de eso –
explica Abal- o equipo de goberno o que fai é ocultar información, actuando de xeito opaco e agochando as cousas. Agora acúsanos de ter esa información dende fai tempo, cando en realidade acabamos de ter acceso agora ao informe xurídico de ditas sentenzas. Unha vez máis, a actitude de Aragunde queda en evidencia”.
“Luis Aragunde minte cando afirma que os socialistas tiñamos dende fai tempo a información sobre as indemnizacións." –continúa a voceira socialista- xa que, as sentencias son do ano 2011 e 2012 e non do 2002, 2005 e 2006 coma él afirma. A raíz doutro tema descubriron que algo estaba a pasar coas licenzas otorgadas polo Concello xa que a xustiza declarábaas posteriormente nulas. Solicitaron en outubro as licenzas anuladas desde que Aragunde é Alcalde e pese a que o informe foi realizado en outubro polo asesor xurídico do Concello, non foi nin hai un mes cando lles foi facilitado polo Secretario. Polo tanto teñen coñecemento delas desde principios deste 2015. Estas ocultacións de
información e retrasos non teñen ningún motivo, posto que o informe estaba feito desde que fixemos a solicitude. Non o pode mentir de novo e achacar ó volumen de traballo o seu retraso, como fai en tódalas ocasións en que non lles da acceso. Este ademáis foi o motivo que lles obrigou  a acudir á xustiza, que lembramos que recoñeceu o seu dereito a acceder á información. Sen embargo, o alcalde de Cambados segue empeñado en obstaculizar o máximo posible o seu traballo. "Se non nos da acceso á información sinxelamente é porque non lle da a gana que deixe de poñer desculpas absurdas e de mentir.”
Os socialistas tamén lamentan que as respostas de Aragunde nos medios sexan sempre as mesmas, empregando sempre as mesmas muletillas como a de acusar ao PSOE de querer xudicializar a vida política: “o único que se empeña en xudicializar a política é aquel que incumpre reiteradamente as leis. Esa actitude é a que nos empuxa a recurrir á xustiza. Se se fixesen as cousas como é debido non teríamos esa necesidade”. Tamén temos que dicir que cando acudimos á xustiza nos solicitamos a condena en costas, porque entendemos que os veciños de Cambados non teñen que pagar a ineptitude do seu Alcalde”.
"O que desde logo tampouco va consentir e que se tiren máis de 200.000€ de todos os cambadeses que podían ser destinados  a outras partidas máis necesarias, e que únicamente se debe á algo que todavía non foi explicado, en vez diso, adícase a replicar as notas da oposición insultando e descalificando O pedimos é que demostre o que dí e que explique porqué se concederon licencias que a propia xustiza anulou e que conminou a indemnizar ós perxudicados por elas. Recordamos, con cartos de todos.
Dicir tamén que éste é un tema do que pronto teredes coñecemento máis pormenorizado, pois solicitamos o 4 de novembro un expediente de concesión de licencia urbanística que en palabras do propio Secretario "desapareceu do Concello"

Ademáis, na súa resposta Aragunde alega que é normal que ocurran litixios cando un veciño discrepa dun acordo municipal, sen embargo os socialistas entenden que “unha cousa é que os veciños discrepen, e que presenten
litixios, pero cando a Xustiza anula as licenzas é que algo non está a funcionar como debería. Se nesas licenzas estivese todo correcto, por moita discrepancia dalgún veciño a Xustiza non as anularía. Qué ocorre entón coas licenzas urbanísticas en Cambados para que a xustiza as anule?” pregúntanse os socialistas.
Fátima Abal tamén sinala que “Aragunde acúsanos de que somos incapaces de aportar ideas, sen embargo en Cambados o único que xa non é capaz de aportar nada é o Partido Popular, temos un goberno municipal completamente esgotado, que se move só por inercia, e cada vez máis xente é consciente de que están ao final do seu ciclo”
"Dicir tamén que éste é un tema do que pronto teredes coñecemento máis pormenorizado, pois solicitamos o 4 de novembro un expediente de concesión de licencia urbanística que en palabras do propio Secretario "desapareceu do Concello"
FOTOS FARO DE VIGO.




Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: