Páginas

8 de xan. de 2015

POR FIN LUIS ARAGUNDE MANDALLE FACER ALGO AO ARQUEOLOGO MUNICIPAL, QUE SE SEPA.

UN ESTUDIO TOPOGRAFICO DA ILLA DA FIGUEIRA,  QUE LLE CUSTA AO CONCELLO A FRIOLERA DE 21.600 EUROS ANUAIS, COMO MÍNIMO.
Hoxe Arousa si Radio salnés  contanos esta nova  de que o Arueologo municipal vai levar a cabo un estudo que consistirá nunha  nova planimetría e limpeza da cambadesa illa de San Sadurniño para evaluar a sua potencialidade
patrimonial.

Contanos a nosa radio por excelencia,  que un equipo de catro especialistas, dirixidos polo arqueólogo municipal, Ángel Acuña, iniciaron as tarefas de levantamento topográfico na illa de San Sadurniño coa finalidade de realizar unha planimetría ampla e detallada da mesma. Actualmente existe un plano xeral, que posúe o Concello, pero quérese contar con esta planificación en detalle que se vai concretar a resultas destes traballos.

Por outra banda, o mesmo equipo de arqueólogos está levando a cabo unha limpeza e documentación de perfís arqueolóxicos que permitirá unha primeira aproximación ós restos do terreo co obxectivo de averiguar, de maneira aproximativa, a antigüidade dos asentamentos humanos no illote do barrio mariñeiro.

Os traballos vanse prolongar durante varias semanas e tamén permitirán evaluar a pontencialidade patrimonial do illote que rodea a torre de San Sadurniño. 

En próximas datas instalaranse en diversos puntos dos lindeiros perímetrais da illa xaulóns metalicos recheos de pedra para protexer os restos arqueolóxicos dos efectos das mareas, que o pasado inverno causaran danos importantes nos perfís perimetrais.
Xa era hora de que  o Alcalde Luis Aragunde  nos fixera saber aos cambadeses que “existe”“esta aruqólogo,  quen
por certo non está en plantilla en Cambados, segundo nos informaron dende a oposición cobra por factura uns 1800 euros mensuais, o que nos vai custar este estudo uns 21.600 euros anuais mais  o que cobren  os catro axudantes. Está praza xa foi denunciada a súa inutilidade varias veces pola oposición pois o arquitecto técnico municipal Palayo Eyo, poder facer perfectamente estas labores, pero Aragunde insiste en mantela a sapiencia da súa inutilidade. 
FOTOS: AROUSA SI RADIO SALNES, DIARIO DE AROUSA, ALZA LA VOZ CAMBADOS.

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.