![]() |
| Juan Carlos e Begoña (Faro de Vigo) |
JUAN CARLOS E BEGOÑA PAI DE DOUS MENORES A PIQUES DE QUE DURAN LLE DERIVE A CASA, E EL POR RIBA "TRABALLANDO" EN LANTERO.
Juan Carlos Dieste Rey e Maria Begoña Piñeiro Rodriguez, pais de dous nenos de 3 e 9 anos respectivamente e que viven na Avda
de Cambados en San Miguel de Deiro teñen o seu enderezo nunha das marxes da estrada PO-549, estrada que se pretende anchear nun futuro vindeiro, existindo unha liña de separación na cal non se podía construír. Non obstante as casas que se atopan dentro da liña si poden facer obras de
conservación, se ben o concello de Vilanova permanecen a espera de que caian por si solas para, cando non quede ningunha, poder expropialas polo valor do terreo. O matrimonio vive na vivenda que existe dende o ano 1880, a cal mercaron os seus avós, que unha vez tiveron familia tiveron que remodelala un pouco facendo unhas obras mínimas non supoñendo un aumento da superficie. No ano 2001 o Concello de Vilanova de Arousa e mais concretamente o seu Alcalde Gonzalo Durán dita unha resolución que manda repoñer o estado anterior a vivenda. O matrimonio ven loitando administrativamente co concello, unha loita desigual, o cal non fixo mais que poñerlle multas coercitivas. O matrimonio non ten outro sitio onde vivir, polo que piden de todos nos que lle axudemos mediante a nosa sinatura solicitando do concello un mínimo de Humanidade e anule a orde de derivo da data 20/12/2001 que ten a vivenda do matrimonio.
de Cambados en San Miguel de Deiro teñen o seu enderezo nunha das marxes da estrada PO-549, estrada que se pretende anchear nun futuro vindeiro, existindo unha liña de separación na cal non se podía construír. Non obstante as casas que se atopan dentro da liña si poden facer obras de
![]() |
| Juan Carlos e Bogaña cos seus nenos. (La Voz de Galicia). |
LEGALIZAR UNHA ILEGALIDADE
Gonzalo Durán escudase en que “ten que cumprir a lei, se
non estaría prevaricando e a obra de ampliación é ilegal e ilegalizable”. Perante esta frase en principio tan trascedente, podiámonos rir, mofarnos dela (sobre todo coa que está caendo), collela a broma ou ser serios Sr. Durán. Vde sabe de sobra que neste pais legalizáronse cousas de mais “ILEGALIZÁBALLE” e o mellor algunha no seu concello, e non digamos en concellos da mesma súa cor política. Non se escuse nesa frase tan rimbombante porque todos, repetimos todos
sabemos que hai concellos e poñemos de exemplo o seu “amigo” Luís Aragunde en Cambados, que hai unha lei non escrita que sempre lle di os veciños da súa corda cando queren facer unha obra “Ti fai, logo xa veremos”. Non se escuse niso Sr. Durán, por favor.
![]() |
| Duran (La Voz de Galicia) |
sabemos que hai concellos e poñemos de exemplo o seu “amigo” Luís Aragunde en Cambados, que hai unha lei non escrita que sempre lle di os veciños da súa corda cando queren facer unha obra “Ti fai, logo xa veremos”. Non se escuse niso Sr. Durán, por favor.
GONZALO DEMOSTRA QUE TES CORAZÓN
Gonzalo Duran xa demostrou en multitude de ocasións que é unha persoa con carácter, autoritario (as súas maiorías absolutas así o corroboran), ten un poder omnímodo en Vilanova, ten unha imaxe hierática, alí non se move un papel
sen que el o ordene. E o “sumun pontífice” do concello de Vilanova, é hora tamén agora Sr. Durán de amosar que Vde. ten corazón, que Vde é humano , porque a nos díxonos un paxariño que Vde cando quere é bo, que neste caso ven sendo sinónimo de xusto, é hora de demostralo Sr. Durán, nos confiamos en Vde. e sabemos que pode facelo e sobre todo cunha persoa que laboralmente o está a pasar fatal pois como ben sabe Juan Carlos é un traballador de Lantero. Non permita que se diga que Vilanova ten un alcalde sen corazón, é o peor que se pode dicir dunha persoa.
![]() |
| Durán (La Voz de Galicia) |
Na Lonxa de Cambados, existen papeis nos que podes asinar a prol deste matrimonio para que o Alcalde de Vilanova, o Sr. Durán se lle “ablande o corazón”. Tamén existen formularios para a sinaturas en Vilanova de Arousa, na Libraría Novel e nos establecementos Axouxerre e Zaping, e en Barrantes na Mandragora.Tamén en breve haberá un portal dixital para facelo e unha vez saibamos o seu enlace será comunicado oportunamente.


.jpg)

.jpg)
El articulo es desafortunado porque pienso por lo que conozco a mi hermano que no intenta demostrar que Gonzalo Duran ten corazón, ya que no depende de una sola persona por mucho peso que tenga en el Ayuntamiento de Vilanova de Arousa que no le derriben la vivienda, porque si fuera así supongo que ya lo habría echo, pero como eso no es así, lo que intenta es conseguir con el apoyo de la ciudadanía que los miembros de la corporación municipal tengan un mínimo de HUMANIDAD y no dejen a una familia de cuatro miembros en la calle.
ResponderEliminarEstimado Roman moitas grazas pola tua crítica. Pero creo que non entendiches o sentido do titular, o cal o unico que quere é chamar a atención (e abofé que o consigue, pois sabemos que o artigo chegou a oidos do alcalde), se lees detidamente o artigo verás que é unha copia calcada da carta que remetiu teu irmán, o obxectivo do mesmo é que a xente se solidarice con el. En dúas dias a nova tive preto de 3000 visitas. O unico que pode ser desafortunado en todo caso seria o titular, non o artigo. Pero de todos xeitos admitimos a túa critica, como non podia ser doutro xeito sobre todo porque esta feita dende o respeto e a educación. Saúdos.
ResponderEliminar