30 de xan. de 2015

SOS PANADEIRA LEVA A SÚA PROBLEMÁTICA AO PARLAMENTO EUROPEO POR MEDIO DO BNG

A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO CON AMIGO DO REI JUAN CARLOS, PEDRO CAMPOS,  E DENDE SOS PANADEIRA PIDEN A SÚA PUBLICACIÓN.
Estender o respecto a todos os "bípedos implumes" parece máis unha esperanza que unha posibilidade.
Dende Sos Pandeira procuran  participar desde a cidadanía e paso a paso durante case dous anos de loita polo público, as praias, coa oposición da maioría da Corporación (con contadas excepcións ás que animan porque como diría Cervantes: “Confía no tempo que adoita dar doces saídas a
moitas amargas dificultades”)
O pasado día 26 de Xaneiro suscitaron no Pleno unha pregunta desglosada en todos os extremos que lles pareceron relevantes para o pobo de Sanxenxo. 
O punto máis relevante era si o Convenio co Team Campos foi asinado. A resposta por parte da  alcaldesa foi que SI.
Sabendo que o Convenio foi asinado caben dúas
A Alcaldesa con Campos
posibilidades segundo a data da súa firma:
1. A Team Campos estivo ocupando un espazo público de modo clandestino, arriscando ao noso pobo ao pago de calquera accidente que puidese xurdir e dejación de funcións das nosas autoridades locais.
2. A Alcaldesa mentiu ao pobo.
Ante estas graves dúbidas só podemos esixir:
1. Publicación do Convenio para que o pobo coñeza o seu contido e xa que logo custos económicos e sociais (léase os que ambientalmente son intrínsecos ao custo social).
2. Datas de validación polo interventor municipal.
3. Órgano Rector firmante. 
En canto ao resto das preguntas aseguróullenos que se tomaron as medidas que cada caso requiría.
O ambiente dun Pleno debería de ser o de sinerxia para a solución conxunta dos problemas comúns. No pleno do 26 de xaneiro pasado  non ocorreu nada bo que contar para a democracia. Suscitarón a súa pregunta do modo que só cabe, con ton coidadoso e formal ante os que serven ao
interese público. Escoitaron  as outras preguntas, ata sobre o tema “Odegaard”, esperaron a todas as intervencións da corporación que non coñecian, as do Goberno son de todos coñecidas pola súa publicidade. Cando decidiron saír fomos despedidos á voz de “pode vostede falar que xa se van os palmeros do BLOQUE”, agradecen as voces de apoio dos alí presentes e non a tomarona intención coa que se dixo como talvez merécese porque ante todo e sobre todo respectan como Plataforma as limitacións alleas, non todos poden ser SOS PANADEIRA, hoxe descubrírono:”Estender o respecto a todos os "bípedos implumes" parece máis unha esperanza que unha posibilidade”.
SOS PANADEIRA LEVA A SÚA PROBLEMÁTICA AO PARLAMENTO EUROPEO POR MEDIO DO BNG
Por medio de Ana Miranda Eurodiputada do BNG vense de presentar no Parlamento Europeo unha pregunta co seguinte formado: 
“””A plataforma "SOS Panadeira" de Sanxenxo (Galicia) denunciou respetidamente a construcción ilegal dun pantalán na praia urbana de "A Panadeira", baixo unha concesión autorizada polo organismo público "Portos de Galicia" contraria ao Plan de usos do Plan Especial do Porto Deportivo, concedendo esta autorización a un clube privado con evidentes indicios de corrupción urbanística que denunciou esta asociación cidadá. 
O aberrante proxecto realizado cubriu a lámina de auga, tal como denunciaron técnicos e organizaciones ecoloxistas,  imposibilitando que unha praia pública poida seguir sendo disfrutada po la vecindade, mentras se favorecen intereses privados nun procedimiento dubidoso e pendente de resolución xudicial definitiva. Ademáis o proxecto non conta co pertinente estudo de impacto ambiental. 
¿Ten coñecimiento a Comisión deste proxecto? ¿Pode informar a Comisión Europea se o Plan de viabilización do espazo portuario do Porto de Sanxenxo recibiu cofinanciación de Fondos FEDER? . “””
FOTOS: DIARIO DE AROUSA E SOS PANADEIRA.


Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: