17 de xan. de 2015

UN PARQUE INFANTIL ABANDONADO EN PLENO CENTRO DO POBO

A PARQUE DA BARRIADA DE SAN FRANCISCO NUN ESTADO LAMENTABLE.
Que o goberno municipal de Cambados funciona a impulsos é un feito mais que constatabel por todos.  Esperemos que o
denunciar o lamentable estado no que se atopa o parque existente na Barriada de San Francisco de Cambados, sirva
para que Luís Aragunde dea as ordes oportunas para se proceda a súa inmediata reparación e limpeza, pois a foto que publica no se facebook un amigo de “A TI MEU CAMBADOS”, amosa as claras que hai que reparalo inmediatamente e mais estando no centro do pobo e a beira dun gran centro comercial.
“MI CARRO” XA O LEVARON.
Era evidente o desastroso estado no que estaba o carro mariñeiro da Casa Mariñeira de Santo Tome, despois da denuncia deste blog e grazas tamén a unha amiga de “A TI MEU CAMBADOS”, os empregados municipais o outro día procederon a súa retirada, pois o seu estado era mais que lamentable e viña ser unha imaxe de desprestixio para o barrio de Santo Tome. Agora si,  non sabemos se o van tirar ao lixo sen mais ou se o van reparar.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: