4 de feb. de 2015

A EXPOSICIÓN "DIVERSA. ARQUEOLOXIA DENDE O INCIPIT ALÉN EUROPA" PODERASE VER NO PAZO DE TORRADO DE CAMBADOS ATA O 8 DE MARZO.

O Pazo de Torrado en Cambados acolle a mostra "Diversa. Arqueoloxía dende o Incipit alén Europa", que organiza a Deputación de Pontevedra e o CSIC.
A inauguración será mañá ás 20:00 horas e ao acto asistirán a Deputada de Cultura, Ana Isabel Vázquez e César Parcero Oubiña, científico titular do CSIC no Instituto de
Ciencias do Patrimonio (Incipit).
A exposición presenta, a través de sesenta fotografías e seis paneis, o labor e os resultados alcanzados polo Incipit en
proxectos de investigación arqueolóxica e etnoarqueolóxica en nove países: Mongolia, Chile, Uruguai, Guinea Ecuatorial, Costa Rica, Perú, Xordania, Turquía e Etiopía.
A mostra, de carácter itinerante, ven de exhibirse no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e viaxará proximamente a Lalín e Vilagarcía de Arousa. 
En Cambados poderase visitar ata o 8 de marzo en horario de martes a domingo de 17 a 20h, con entrada libre.
NOVA RECOLLIDA DE:
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: