Páginas

7 de feb. de 2015

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS DENUNCIAN AS MOLESTIAS QUE A DEPURADORA DE COBAS DE LOBOS CAUSA ENTRE OS VECIÑOS

PIDEN TAMEN QUE O CONCELLO DEA EXPLICACIÓNS POLA REPENTINA SUBIDA DO RECIBO DO LIXO AOS HOSTALEIROS
POR OUTRO LADO,  DENUNCIAN, UNHA VEZ MÁIS, A FALTA DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO, QUE CARECE DE INVENTARIO DE BENS MOBLES E INMOBLE
Os socialistas denuncian os malos cheiros e os ruídos que os veciños de Cobas de Lobos veñen soportando dende que se puxo en marcha a estación depuradora de augas residuais (EDAR), uns problemas que o concello non é capaz de resolver.
Fátima Abal manifesta que, en lugar de facer algo para arranxar o problema, o alcalde mira para outro lado. “Parece que para Luís Aragunde hai veciños de primeira e veciños de segunda. Cando se puxo en funcionamento esta planta, xa se advertiron estes problemas, pero dende o concello informouse que eran inconvintes pasaxeiros derivados da posta en marcha da depuradora. Sen embargo, lonxe de ser un problema pasaxeiro, vemos como pasa o tempo e os problemas persisten”. 
Por este motivo, os socialistas reclaman unha actuación de forma urxente, xa que os veciños e veciñas non teñen por que soportar uns ruídos que se ven acrecentados polas noites, así como uns cheiros pestilentes que proceden da cheminea que serve de respiradoiro.
Fátima Abal asegura que: “esto non se pode demorar máis. Ata cando teñen os veciños e veciñas que sufrir as consecuencias da mala planificación desta EDAR? Está claro que para Luís Aragunde non existen os veciños das zonas rurais, a él só lle interesa ter unha fachada bonita para presumir, e desentenderse dos problemas reais. Semella que para o noso alcalde hai varias categorías de cambadeses, senón non se explica o continuo desprezo ao que o partido popular somete a moitas zonas do noso pobo”.

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS PIDEN QUE O CONCELLO DEA EXPLICACIÓNS POLA REPENTINA SUBIDA DO RECIBO DO LIXO AOS HOSTALEIROS

A formación que lidera Fátima Abal preguntará no concello cal é o motivo polo que aos hostaleiros lles está a chegar un novo recibo do lixo polas cafeterías dos hoteis, coma se estas fosen un negocio aparte e non formasen un conxunto con ditos hoteis. Un recibo, ademáis, que se está a cobrar con carácter retroactivo, algo a todas luces inxusto. 
Segundo a voceira socialista: “unha vez máis, é indignante a forma que ten de facer as cousas este concello, actúa cun despotismo inaudito, estamos escoitando cada día casos de hostaleiros aos que lles chegan recibos do lixo por duplicado, e incluso en forma de atrasos. Por eso, preguntaremos cal é o motivo destes recibos, os cales ademáis son emitidos polo propio Concello en lugar de pola ORAL que é quen ten esa potestade”
Os socialistas esixen que o concello dea a cara e se explique, en lugar de agocharse como fai habitualmente. “Os veciños e
veciñas están xa cansos deste escurantismo, temos un alcalde que por un lado presume públicamente de transparencia, unha transparencia que na realidade non existe, e por outro lado sube impostos de forma completamente irregular, xa que os hostaleiros xa estaban pagando ata o de agora o que lles correspondía. Ademáis, cando algún afectado pide que lle expliquen que é o que acontece, négaselle esa información. Parece que o Concello anda unha vez máis a dar bandazos, como se pensaran que a xente non se ía enterar desta duplicidade impositiva”.
Fátima Abal afirma que “non se entende a que ven este contínuo maltrato aos sectores que moven a economía local, cando o que precisa o noso pobo é xustamente o contrario, necesítase potenciar a nosa economía en lugar de asfixiar con impostos e con incertidume aos sectores productivos, os cales necesitan unha claridade que este goberno municipal é incapaz de garantizar”. 


OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS DENUNCIAN, UNHA VEZ MÁIS, A FALTA DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO, QUE CARECE DE INVENTARIO DE BENS MOBLES E INMOBLES

A formación que lidera Fátima Abal volve a mostrar o seu asombro ante a falta de transparencia do concello de Cambados, xa que, despois de solicitar unha relación de bens mobles e inmobles o pasado 21 de xaneiro, a resposta recibida foi que non existe dito inventario. 
Os socialistas lembran que é obriga de tódolos concellos inventariar os bens e os dereitos que integran o seu patrimonio, facendo constar co suficiente detalle as mencións necesarias para a súa identificación e as que resulten
precisas para reflectir a súa situación xurídica e o destino ou uso ao que están sendo adicadas. Sen embargo, dito inventario parece non constar no concello cambadés. 
Segundo Fátima Abal: “en realidade xa non debería sorprendernos esta forma de facer as cousas. A falta de transparencia é perseverante na actuación deste goberno municipal. Negan información aos grupos
municipais, ocultan todo canto poden, poñendo sempre trabas para que a oposición poida facer o seu traballo. Da a sensación de que queren ocultar algo, cando en realidade todolos bens dos que dispón un concello son propiedade dos veciños e veciñas, que deberían poder saber en que emprega o concello os cartos dos seus impostos. Ou é que acaso teñen medo de que se saiba? Acaso o concello ten algo que ocultar aos cambadeses?”
Dende o grupo socialista afirman que a transparencia debe ser un dos eixes fundamentais dun bo goberno municipal, xa que este goberno debe estar ao servizo dos veciños e veciñas, e non ao revés, que é o que sucede actualmente, por desgraza, en Cambados, onde Luís Aragunde pensa que a xente está ao servizo dos seus intereses.
FOTOS: FARO DE VIGO, DIARIO DE AROUSA,
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.