Páginas

7 de feb. de 2015

VICTOR CAAMAÑO: “OS GASTOS DE PERSOAL NESTE ORZAMENTO SIGNIFICA UN 42´5%”

INACEPTABLE ORZAMENTO E RPT
O próximo martes será tratado nun pleno extraordinario, a aprobación definitiva do Orzamento 2015; un orzamento que non apoiamos nin apoiaremos por moitas
razóns, algunhas de gran importancia. O BNG leva moitos anos votando en contra deste documento, en parte, por unha RPT feita ao gusto do PP e non das necesidades do concello. Unha Relación de Postos de Traballo que conta cun  número considerable de postos sen cubrir, que son utilizados como “caixón de sastre” para os posibles gastos que vaian  xurdindo, o que é un claro exemplo de falta de previsión e validez do documento presentado. O BNG leva anos esixindo que se elabore unha RPT acorde ás necesidades deste concello e que as partidas adicadas a pagar soldos non se
utilicen realmente para pagar asfaltados, como ven sendo habitual. Por iso cando se elaborou a nova RPT, o BNG agardaba unha solución para este despropósito pero co que nos encontramos foi cun remendo para unha chapuza previa, unha modificación que non soluciona o problema do concello pero si o do PP, pois consolida os soldos dos seus traballadores afíns e tenta pechar a boca a outros para que non protesten.
Así nun Orzamento moi semellante ao anterior, onde podía haber diferenzas significativas na RPT, o que encontramos foron modificacións que ao criterio do BNG empeoran o que había, e fará que sigan os desencontros con respecto ás partidas de persoal vacante (por suposto, tamén seguirán na RPT, postos que consideramos non son necesarios no concello). Ademais, nesta ocasión, o alcalde non tivo inconveniente en saltarse as “leis de Rajoi” e utilizar os cartos de todos/as para a defensa dos intereses do PP (subindo os soldos a quen conviñera para aprobar esta, inaceptable, RPT). Pola contra, no seu momento, cando tomou a decisión de non aboar a paga extra aos traballadores/as municipais, argumentou que non se podía saltar a lei (xa vemos a coherencia; unhas veces si e outras non; para o seu interese si, para o interese de todos/as non).
Ademais, tampouco a política de contratación de persoal se efectúa seguindo os principios de igualdade, mérito, transparencia, capacidade e publicidade que debe ser a norma a seguir no sector público. E, por certo, seguirán sen elaborarse uns criterios obxectivos para pagar as Produtividades.
Se no pasado orzamento o BNG afirmaba que os criterios para unha boa administración esixen que o capítulo de gastos de persoal non debe superar o 30%, observamos que neste orzamento significa un 42´5% (máis ca no pasado grazas, claro, á nova RPT). E este capítulo xunto co de gastos correntes supoñen agora o 86´5% (sobe punto e medio con respecto ao anterior). E neste orzamento plano se nos mostraron uns investimentos reais de 26.000 €  sobre máis de 8´5 millóns; o que di moi pouco deles.
E se Aragunde se gaba de que no orzamento subiron as partidas sociais, a razón é ben sinxela, pois desde que goberna o PP, coas súas políticas as cousas van de mal en peor e conseguiron o fito de que nin sequera os que teñen traballo poidan chegar a fin de mes.
Víctor Caamaño Rivas (Portavoz Municipal do BNG)
FOTOS: DIARIO DE AROUSA E LA VOZ DE GALICIA.

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.