23 de feb. de 2015

PESE A QUE FATIMA ABAL SABE QUE CONTAMOS CUN ALCALDE-FRONTON E TRAMPÓN

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS PRESENTAN UNHA BATERÍA DE PREGUNTAS PARA SER RESPONDIDAS NO VINDEIRO PLENO MUNICIPAL 
O Grupo Municipal Socilista de Cambados vén de presentar no día de hoxe unha serie de preguntas para poder obter resposta no vindeiro Pleno Municipal que terá lugar o próximo xoves. Así, as preguntas presentadas tocan diferentes temas da realidade cambadesa. 

Por unha parte, os socialistas queren saber como é posible
que unha familia teña que demoler a súa vivenda construída que contaba cunha licenza de obras para “vivenda unifamiliar” outorgada pola Comisión de Goberno pero que segundo o informe do Servizo de Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non contaba cun expediente de autorización para a construción da vivenda tal e como esixe a ordenanza reguladora do solo non urbanizable.

Outro dos temas sobre o que os socialistas cambadeses queren obter resposta é o caso dos hostaleiros da vila aos que se lles cobra por duplicado a taxa do lixo por estar exercendo unha dobre actividade cando non figuraban como debedores no ORAL e mesmo se lles chegou a embargar esa cantidade da conta bancaria sen notificación previa. 

Ademais, os socialistas están preocupados polos problemas que a Estación Depuradora de Augas Residuais situada en Covas de Lobos está causando aos veciños de Vilariño polos ruídos e os malos cheiros xerados, polo que instan ao Concello a levar a cabo as actuacións pertinentes para poñer solución a estes problemas. 

Os socialistas tamén levan a Pleno o feito de que o Concello de Cambados sexa dos poucos que non utiliza etiquetas inviolables nos documentos presentados no Rexistro Municipal, unha forma máis sinxela e transparente de levar a cabo as labores administrativas. 


POLEMICA E DUBIDOSA DUNHA LICENCIA
O día 27 de xaneiro de 2015 saíu unha sentencia que obriga á reposición da legalidade urbanística e por tanto á demolición dunha vivenda construida en Solo Rústico de protección Agropecuaria, que contaba cunha licencia de obras para “vivenda unifamiliar” outorgada pola Comisión de Goberno pero que segundo o informe do “Servizo de Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras non contaba cun expediente de autorización para a construcción da vivenda tal e como esixe a ordenanza reguladora do solo non urbanizable.

1.- A que se debe que se concedera licencia municipal por parte da Comisión de Goberno sen que existise a preceptiva autorización autonómica?

2.- Cal foi o motivo polo que a licencia foi solicitada o día 4 de xuño de 2002, pero non foi concedida ata o día 30 de xuño de 2003, máis de un ano despois?

3.- Xa presentaron os propietarios solicitude de responsabilidade patrimonial contra o Concello de Cambados?

4.- Cando se vai iniciar o expediente de revisión de oficio
requerido pola Axencia de protección da legalidade urbanística, conforme ó artigo102 da Lei 30/1992 para proceder á anulación do acordo de concesión de licenza municipal por ser o seu contido nulo de pleno dereito por tratarse dun solo non urbanizable de Protección de Zonas de Cultivo e da Paisaxe Agrícola carecendo ésta de autorización autonómica?
DOBLE IMPOSTO AOS HOSTALEIROS
Tras as queixas expostas por diferentes hosteleiros, nos que se demostra que se lles cobra por duplicado a taxa do lixo por estar exercendo una doble actividade:
1.-Cal é o motivo polo que non aparecían coma debedores e aparecía como que estaban ó corrente do pago no ORAL?
2.- Por qué a algún destes hosteleiros se lle decretou o embargo da conta bancaria polo importe adebedado, sen que existise ninguna outra notificación de por medio, conforme adebedaban una cantidade por este concepto?
3.- Cómo é posible que un dos hostaleiros afectados acuda ó Concello para que lle sexa aclarado este recibo e este embargo, e non exista persoa no Concello que lle poida explicar e aclarar que se trata dun recibo atrasado porque exerce una dobre actividade, tampouco se lles explica a que se debe o embargo da conta, máis aínda cando ten interposto un  recurso que debería ter paralizado o cobro ata que fose resolto, pero sí que se explica días despois ós medios de comunicación? Acaso un veciño de Cambados non ten dereito a enterarse do que debe ou non debe pagar por calquer concepto dirixíndose sinxelamente ó Concello, senón que ten que enterarse días despois pola prensa?
4.-Esíxelle a doble taxa do lixo a todos los hoteis que teñen cafetería ou restaurante aberto ó público? Cal é o motivo polo que non se lle esixe a todos?
5.-Aplícaselle tamén a outros establecementos con doble actividade ou só ós hoteis? 
DEPURADORA MALDITA
Con respecto á Estación Depuradora de Augas Residuais situada en Covas de Lobos, e as molestias que causa entre
os veciños polos ruídos e os malos cheiros xenerados:
1.- Cales son as causas destes ruídos e cheiros?
2.- Estaban previstos estes inconvintes cando se realizou o proxecto da planta?
-En caso afirmativo, ¿Por qué se levou a cabo o proxecto sen solucionar previamente os problemas, sabendo cales eran os inconvintes?
-En caso negativo, Por qué non se tomaron as medidas para corrixilos unha vez detectados?
3.- Ten previsto este concello levar a cabo algún tipo de actuación para solucionar estes problemas? 
En caso afirmativo especifique, procurando ser o máis concreto posible, cales son as medidas previstas e cando se pensan levar a cabo.
REXISTRO DE ENTRADA EN ENTREDITO
Existen varios concellos da comarca, como Meis e Vilagarcía de Arousa, que fan uso do sistema de rexistro mediante etiquetas inviolables (pegatinas), evitando posibles controversias e suspicacias que se poden producirse polo
método todavía empregado no Concello de Cambados do selo rexistral, e en aras da transparencia,

1.-Cal é o motivo polo cal  no Rexistro de Entrada e Saída do Concello de Cambados segue a usarse o selo rexistral e non se fai uso das pegatinas inviolables dos que sí xa se fai uso para o portelo da Xunta de Galicia?
2.- Ten pensado este Concello implantar este método moito máis transparente é comodo para o Rexistro, tendo en conta que o custe da implantación deste método apenas é significativo?
En caso afirmativo, Cando?
En caso negativo, Por qué?

FOTOS: LA VOZ DE GALICIA - CAMBADOS TK - A TI MEU CAMBADOS.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQ

Ningún comentario: