23 de mar. de 2015

A CANDIDATURA “CAMBADOS PODE” QUE NON TEN QUE VER NADA CON “PODEMOS CAMBADOS” SACA O SEU CÓDIGO ÉTICO

ELIMINACIÓN DE ASESORES DO ALCALDE E QUE NON VAN PACTAR CON NINGUÉN O MAIS DESTACABLE DESTE CÓDIGO.
FAN ENTREVER QUE HOUBO “CHANCHULLOS NO PLAN “E” DE 2009 A 2011, ÉPOCA NA QUE MÓNICA ABAL (IRMÁN DO FUTURO CANDIDATO) ERA CONCELLEIRA DO PP.
O Grupo político “Cambados Pode” que non ten  nada que ver con “Podemos Cambados” ven de facer público o seu código ético, que consta de catorce puntos que os podes ver
A candidato de "Cambados
Pode"
todos ao remate deste escrito.
Nos destacamos sobre todo deste código os seguintes temas:
No número ún din que  “Non haberá acordo previo co ningunha forza política para conseguir a Alcaldía, nin votaremos ao candidato de outro partido a hora de elixir Alcalde. “Cambados Pode”, que non ten que ver nada con “Podemos Cambados”, nace para gobernar."
Mónica Abal concelleira do PP
de 2007 a 2011, irman do
candidato.
Este é pechar moitas portas , unha cousa é dicir que  nacen para gobernar e outro cousa é pecharse a pactos, a política de pactos e tan democrática como outra calquera, agora que procedendo do PP como proceden non nos estrana moito que non queiran pactar con ninguén.
Chama tamén a atención o punto número 4 o cal di: "Esixiremos  que se realice unha auditoría anual externa para que se garante a imparcialidade das contas municipais. Ademais
Ramón Abal , pai do candidato
e "promotor" da
candidatura.
crearemos unha comisión de investigación sobra as obras do Plan E realizadas entre os anos 2009 a 2011. O resultado das auditorías  será publicado na paxina web do Concello."
Moi importante este punto, diriamos que importantísimo pois fai entrever que houbo “chanchullos no concello” de Cambados i é mais,  que os coñecen. Será casualidade que a  irmán do candidato de “Cambados Pode” que non ten que ver nada con “Podemos Cambados”, Monica Abal pode ter información privilexiada ao respecto?. Lembremos que Mónica foi Concelleira de 2007 a 2011. Por certo obras do plan "E "denunciadas xa por outras formacións políticas.
Estamos completamente da acordo co punto séptimo do Código “Eliminaremos o persoal de confianza do alcalde (gabinete de prensa, asesor de comunicación…)".
As demais non deixan de ser medidas electoralistas pero que a súa irmán puido levar a cabo cando foi concelleira do PP no Concello de Cambados, debéuselle esquecer.




Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI



Ningún comentario: