OBNG CRITICA A PROTECCIÓN CIVIL DE CAMBADOS DURA E XUSTIFICADAMENTE POR NON RECOLLER O CAN CANDO DEBIA DE FACELO
Diante das declaracións do responsable de Protección Civil en Cambados, emitidas nos medios de comunicación e en
relación á negativa desta agrupación a participar no rescate de animais domésticos, o BNG de Cambados quere facer as seguintes puntualizacións:
![]() |
| Ivan Marin xefe de P. Civil Cambados |
O Decreto 56/2000, de 3 de marzo, establece que os/as voluntarios/as de protección civil terán o “carácter de colaboración voluntaria para a prestación de servizos de maneira altruísta como medio de realización de accións humanitarias e de solidariedade social”. Desde o BNG entendemos
que o rescate de animais, nomeadamente os domésticos, entra dentro do ámbito da solidariedade social e, polo tanto, protección Civil debe colaborar no rescate e na retención destes animais ata que apareza quen os vaia recoller e custodiar. Isto é o que se fai na maioría, senón na práctica totalidade, dos concellos.

O responsable da Agrupación de Cambados non pode ignorar que ante a situación de perigo dun animal haberá
persoas con conciencia, sensibilidade e civismo que acudan na súa axuda, arriscando a integridade física e todo pola inacción de P.C. ante este tipo de casos. É dicir, que P.C. non acuda ao rescate dun animal pode poñer en risco a vida doutras persoas, xa que non todo o mundo é insensible ao sufrimento animal.

Por último o BNG solidarízase co Refuxio de Animais de Cambados, unha organización que leva anos demostrando ser un exemplo a seguir no seu ámbito e insta á Alcaldía a que atenda as súas demandas a prol da defensa dos animais.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.
Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.
Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Ningún comentario:
Publicar un comentario