4 de mar. de 2015

CONCURSO POR DEREITO 2015: TES TI UN CORAZÓN AZUL?

Este ano para axudar a concienciar sobre autismo Por Dereito quere contar coa colaboración dos comerciantes e empresarios da nosa terra. Esta idea xurde porque en anos anteriores foron moitos negocios os que lles enviaron as
súas fotos concienciando polo 2 de abril. Se vos animades so tedes que imprimir este carteliño e poñelo no voso negocio ao tempo que vistes de azul ese escaparate, porta, fachada...da túa empresa ou negocio. Grazas por colaborar
na concienciación do autismo!! Son moitas familias as que agradecen a túa colaboración!! A recepción das fotos farase dende o día 6 de marzo ao 2 de abril ambos inclusive. As votacións abriranse no facebook de Por Dereito o día 3 e pecharanse o día 30. O premio é totalmente simbólico: a foto gañadora será a portada do noso face todo o mes de maio e o gañador recibirá un diploma de agradecemento da Asociación Por Dereito enmarcadiño para lucir no seu negocio. Envía as túas fotos a través do facebook ou ben ao correo electrónico: asociacionpordereito@gmail.com http://pordereito.blogspot.com.es/2015/03/concurso-por-dereito-2015-tes-ti-un.html
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: