1 de mar. de 2015

DENUNCIAN PERIGO INMINENTE NA AMPLIACIÓN DO PEIRAO DE TRAGOVE

A GRETA NO MESMO AMPLIASE CADA VEZ MAIS
Que a maioría das obras pública é un verdadeiro desestre en un feito mais que constatabel, Hoxe vímos de ter coñecemento de que está estendéndose a alarma en mais dun usuario do peirao de Tragove, e mais concretamente na
ampliación feita entre a lonxa e local para as atadores, a greta existente no mesmo é cada vez mais grande o que ven a
significar, primeiro que o estudio xeolóxico do lugar si existiu foi  un verdadeiro desastre  e despois a construción deixa moito que desexar. Tal é o perigo que algúns coches xa se
negan a aparcar nesa ampliación e algúns barcos xa empezan a ter certo temor ao atracar alí. Alguén debería de tomar o asunto con seriedade porque o perigo está latente.  O peor de todo isto e que se inverteron unha burrada de miles de euros na ampliación , para probablemente terminar indo ao fondo do mar. Tempo ao tempo.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: