24 de mar. de 2015

GLOBOS AZUIS O 2 DE ABRIL POLO AUTISMO

Dende “Por Deireoto” animanos  a todos a participar neste acto simbólico para dar visibilidade ao autismo e a que lles enviemos as nosas  fotos ao facebook de Asociación Por Dereito. O ano pasado recibiron máis de 800 fotos, a
ver si este ano superan esa cifra...
Si por calquera motivo non podes facelo o 2 de abril deixa os
teus globos colocados o día 1 e mándanos a foto igualmente.
En  Cambados estamos quentando motores para un ano mais concienciar sobre o autismo e darlle visibilidade.
Este ano adiantaron un pouco os actos pois o 2 de abril é Xoves Santo e non nos favorece que coincidan as datas por moitos motivos.
Comenzaran o día 27 de marzo pola mañán poñendo globos azuis en todos os Edificios Públicos e nas rúas do centro do pobo. Ás 19:00 será o encendido en  azul da Naiciña de Asorey. Se o tempo o permite faremos a celebración na Praza Asorey acompañando á Naiciña, en caso de mal tempo trasladarase todo o acto ao Salón Peña.
Alí llerán un Manifesto "compartido", seguidamente teremos a actuación dos Quinquilláns co espectáculo "Por que é salgada a auga do mar?" Un espectáculo moi visual pensando en todos os asistentes, ademais os Quinquilláns traerán uns globos xigantescos con luz con forma de peixes que farán mais lucido o acto. Finalmente rematarán endulzando a boca con chocolate e rosca para todos os asistentes.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: