13 de mar. de 2015

MERCHI ALVAREZ PRESENTOU HOXE EN ROLDA DE PRENSA NO CONCELLO DE CAMBADOS “CADROS CONTRA A “AME”

NA COMPAÑA DO ALCALDE LUÍS ARAGUNDE, GOGUE E LINO SILVA
Hoxe foi presentada no concello de Cambados en rolda de prensa  “CADROS CONTRA O AME” por Merchi
Alvarez quen estaba acompañada de Gogue, Lino Silva e o Alcalde Luis Aragunde. O día 28 de marzo na Praza de
Alfredo Brañas a partires das 11 de mañá Lino Silva e Gogue pintarán un cadro cada ún acompañados de musica en vivo que serán postos a poxa  na páxina/evento de facebook “SELFIES  CONTRA A “AME (Atrofia Muscular Espinal).
Poderase puxar durante 10 días por eles e quen mais puxe será o seu propietario, unha vez se adxudiquen, os poxadores teñen o prazo de tres ´dias para ingresar o diñeiro na conta de Fundame. Unha vez confirmado o ingreso, os novos propietarios poderán recoller os cadros.
FÚTBOL CONTRA O AME
Asemade o Club Beiramar de Castrelo celebrará no Campo do Facho da parroquia cambadesa un encontro solidario  o vindeiro 19 Abril co obxectivo de recadar fondo contra o AME.
#stopAME


Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: