31 de mar. de 2015

NOVAMENTE, TEN QUE SER UN XUÍZ QUEN RECOÑEZA O DEREITO DOS SOCIALISTAS A ACCEDER Á DOCUMENTACIÓN MUNICIPAL.

A semana pasada, os Socialistas de Cambados, presentaron ante o Xuzgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra un escrito para iniciar un Procedemento para a Protección dos
Dereitos Fundamentais ante a inactividade do Concello de Cambados.
     A Portavoz, Fátima Abal, solicitou por escrito hai máis dun
mes o acceso ó rexistro de entradas e saídas dos traballadores do Concello mediante pegada dixital e ós movementos bancarios das contas do Concello, sen obter resposta algunha por parte do Concello.
     “O Concello de Cambados é sen dúbida un dos menos transparentes de Galicia. Non só non o é cos veciños, senón que tampouco o é
cos portavoces municipais. En catro anos, non houbo nin unha soa Xunta de Portavoces, as últimas Xuntas de Goberno Local foron entregadas con 5 meses de retraso. Ademáis, temos nove queixas ante o Valedor e tres Contenciosos Administrativos, todos eles presentados polo mesmo motivo: porque o Concello se nega a darnos a documentación
solicitada. Unha vez máis ten que ser o xuíz o que lle requira  a documentación ó Concello para que este grupo municipal, poida ter acceso a ela." 
     “Xa quedou claro noutras ocasións que a desculpa dada desde o Concello, sobre o volume de traballo e o non poder entregala a tempo, é unha burda mentira,
pois no caso da solicitude feita hai uns meses de acceso ó listado de  licencias urbanísticas concedidas a particulares e logo anuladas xudicialmente, o informe estaba feito e firmado desde o día seguinte á solicitude, a pesar de que sólo nos foi entregado meses despois, cando o xuíz do
Contencioso llo requeríu formalmente ó Concello.“
     Non existe ningunha vontade por parte do Concello de colaborar na tarefa de fiscalización e oposición deste Grupo Municipal, que xa avisou en moitas ocasións, que todo aquelo que lles corresponda legalmente, se non é facilitado polo propio Concello, lles virá requerido xudicialmente. 
     A Portavoz socialista, unha vez máis reitera: “coñecemos os nosos dereitos e non dudaremos en exercitalos. Se Luis Aragunde pensa que negándonos a información unha vez tras outra, nos imos a cansar de pedila, está moi equivocado,  xa llo demostramos e llo seguiremos demostrando. Temos dereito a solicitar e a que nos sexa entregada toda a información que precisemos“.
 FOTOS: CAMBADOS TK, FARO DE VIGO E A TI MEU CAMBADOS.                                                   Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

       

     

Ningún comentario: