O ALCALDE LUIS ARAGUNDE VAI SER LEMBRADO POR NON FACER NADA PARA EVITALO
O vindeiro 15 de xullo remata a “vacatio legis” da Lei de Reforma do Rexistro Civil polo cal os Rexistres Mercantis pasan a ser os novos xestores do mesmo agás que se retire a lei. Todos os sindicatos relacionados coa xustiza auguran, con todo, que se destruirán "miles" de postos de traballo
que non hai compromiso de gratuidade. Aos sindicatos non lles cabe a menor dúbida de que en pouco tempo aparecerán os aranceis por inscripción e por certificación ou se inventarán novos conceptos sobre os que repercutir o custo do servizo ou dispoñendo vías indirectas de financiamento [aos registradores mercantiles] a través de subvencións, axudas ou convenios"
![]() |
Oficina Rexistro Civil Cambados |
Ademais Os sindicatos CCOO, STAJ, CIG, SPJ-USO, CSI-F e UXT así como a plataforma SOS XUSTIZA e o Colexio de Avogados e máis o Colexio de Procuradores de Vigo, sumando esforzos, empezaron unha serie de xuntanzas
para recabar o maior apoio a reivindicación sobre a non privatización do rexistro civil, co obxectivo de trasladar a aqueles políticos máis achegados á cidadanía, e dicir, os alcaldes, a problemática que se lles vai vir enriba a partires do 15 de xullo. Froito do primeiro encontro, foi a xuntanza mantida co Alcalde de Vigo o pasado venres 13, ao que seguirán outros dentro da provincia. Tamén se contactou cos parlamentarios do BNG no parlamento español e galego así como cos parlamentarios de AGE, a fin de que tanto nos respectivos parlamentos como nos respectivos partidos políticos se fagan mocións e mención desta problemática a través da propia campaña electoral local.
A CIG reunense co Alcalde de Vigo, entre outros. |
Nos Rexistros Civís de Pontevedra e Vigo e algún que outro lugar xa non están sinalados vodas despois do quince de xullo. Os cidadáns polo de agora ainda non son conscientes doutro copago que lle ven enriva,pese a ser avisados reiteradamente.
Mentres en Cambados o Alcalde Luis Aragunde , coñecedor sobradamente da extinción do rexistro civil de Cambados segue a facer ”mutis polo forro”, e vai ser lembrado como o Alcalde que fixo desaparecer o Rexistro Civil de Cambados. Despois haberá que ir a Pontevdra a buscar unha simple certificación e pagando.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.
Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.
Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI
Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI
Ningún comentario:
Publicar un comentario