18 de mar. de 2015

OS RESCOLDOS DO MOMO OU A COVARDÍA DE NON DICIR AS COUSAS A CARA

Normalmente ningunha festa levantou tanta polémica nas redes socias como o desfile do Momo, iso di moito da súa importancia como tal e porque se somos xustos e a que dende fai varios anos ven
a poñer o broche de ouro o entroido na comarca do Salnés. E evidente tamén que todo evento e mellorable, a perfección no ser humano non existe. O que si existe no ser humano é
o cinismo e en grandes cantidades  e iso é o que chegan a practicar algunhas persoas, sobre todo unha, que nas redes sociais “pon a parir a organización” habendo estado presente nas reunións co Alcalde Gonzalo Durán sobre todo cando se falou do cambio de trazado e estivo calado como un morto. Aí era o intre de
dicirlle a Gonzalo Durán na cara que o trazado non era o correcto ou e que lle parecerá,  e falarlle incluso da da organización da carroza principal do Momo, aí era o momento pero a esta persoa faltoulle “testosterona”, e agora nas redes sociais adicase a poñer a parir a organización. Iso e o que criticamos, para nada menospreciamos a xente que critica o evento, están non seu dereito e para iso pagan os impostos  pero non escudándose en perfís anónimos,
admiramos aos que poñen o seu nome e apelidos.  En definitiva cando se critica hai que dar a cara e non facer como algún que se agache detrás dun perfil anónimo e logo cando ten ao Sr. Duran diante mete o rabo entre as pernas. O que diciamos,  todo evento é mellorable,  e as criticas construtivas deben ser recibidas con agrado,  para o ano que ven o desfile do Momo siga a ser o que pon  broche de ouro o Entroido no Salnés.

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: