24 de mar. de 2015

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS VOLVEN RECURRIR AO VALEDOR DO POBO, ANTE OS NOVOS IMPEDIMENTOS DO CONCELLO PARA QUE POIDAN FACER A SÚA LABOR DE OPOSICIÓN.

A formación liderada por Fátima Abal presentou dous novos recursos ante o Valedor do Pobo, ante a negativa do concello a facilitar documentación requerida para poder exercer as labores de control propias da oposición.
Por unha banda, os socialistas presentaron unha instancia o pasado 27 de febreiro, solicitando o acceso aos movementos bancarios das contas do concello. Ademáis, tamén solicitaron o acceso ao rexistro de entradas e saídas do persoal mediante a pegada electrónica.
Poi ben, un mes despois, dende o concello non deron resposta a ningún dos requerimentos, motivo polo cal os socialistas  volven, unha vez máis, a ter que recurrir a outras
instancias para que o concello faga o seu traballo.
Fátima Abal sinala que “unha das bases da democracia é o control que realiza a oposición ás accións do goberno. Para poder realizar ese control e esa vixilancia, é fundamental poder analizar toda a documentación para poder buscar calquer posible irregularidade. En Cambados, o goberno municipal non se toma en serio ese principio democrático
fundamental.”
“En Cambados –continúa a candidata socialista- Luís Aragunde non se cansa de desprezar á oposición, algo que como xa dixen en numerosas ocasións non é un desprezo ás concelleiras senón aos veciños e veciñas de Cambados, os cales teñen dereito a saber como actúa o seu concello. Por eso, non nos cansaremos de recurrir ás instancias que sexan necesarias, xa que parece ser que é a única forma de que reaccionen e fagan o seu traballo.”

AS FOTOS SON DA VISITA DE HOXE DOS SOCIALISTAS CAMBADESES AO PARLAMENTO DE GALICIA PARA INTRERESARSE POR UNHA AMBULANCIA MEDICALIZADA PARA O SALNÉS.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: