ASAMBLEA DE SOMOS CAMBADOS O VINDEIRO SÁBADO AS 18.00 COA FINALIDADE DE CREAR UNHA CANDIDATURA INDEPENDENTE ¡¡¡PARTICIPA!!!
Dende “Somos Cambados” convidanos aos seus asinantes, simpatizantes e a todos os veciños e veciñas a participar da Asamblea que celebraran o vindeiro Sábado 21 de Marzo, as 18:00 no salón de actos Exposalnes, no Paseo da Calzada.
Nesta Asamblea pretenden dar a coñecer “Somos Cambados”, da plataforma cidadán Somos Maioría, e seguir sumando esforzos, así como comezar a perfilar unha candidatura cidadán en Cambados coa que están
estudando participar nas vindeiras eleccións municipais.
estudando participar nas vindeiras eleccións municipais.
Como reza o manifesto de “Somos Cambados”, “Somos maioría as persoas que queremos cambiar as cousas. Que queremos facer deste país, un lugar digno no que pague a pena vivir, no que as nosas fillas e
fillos teñan futuro e no que a xente teña, de verdade, a palabra e a decisión”. Polo que convidan a participación nesta Asemblea aos veciños e veciñas de Cambados que queiran mudar as cousas en Cambados. Queren unha Candidatura Cidadán na que os protagonistas sexan as persoas, e que
non estan dispostos a tolerar a desigualdade, o retroceso das condicións de vida dos máis para que uns poucos se enriquezan, o espolio e a privatización dos nosos recursos naturais e a degradación dos nosos sinais de identidade. A
unidade non é para nos un recurso retórico senón un recurso natural, o máis valioso das xentes e dos pobos que non se resignan ante a inxustiza e a corrosión a que están sometidos os dereitos e o roubo de espazos de
benestar laboriosamente construídos. Non queren substituír ningún partido nin ningunha organización. Só pretenden, dende unha posición de democracia militante, alentar un proceso que rescate a esperanza, a ilusión nos veciños e veciñas de Cambados, e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría
social.

Os membros “Somos Cambados”, os asinantes do manifesto “Somos Maioría” veciños de Cambados, no que participan membros de Podemos Cambados, outras organizacións políticas e cidadáns sen adscrición política algunha, entre outras persoas relevantes de Cambados, tentaran traballar nun fronte común para poder artellar xunto cos veciños que queiran participar, unha Candidatura Cidadán que sexa quen de dar o paso de presentarse as vindeiras eleccións municipais. A intención é conseguir a maior participación posible, que todas e todos os que queremos cambiar Cambados, e teñamos un espazo para facelo. Dende Somos Cambados chamanos á participación para converter Cambados nunha vila prospera, participativa, e poder chegar a ser o“Vento Mareiro” que sexa quen de entrar polas fiestras e xanelas do concello de Cambados, para dar unha maior transparencia e un aire novo na política local.
Ven é participa, falalles do que che preocupa, de que queres para Cambados.
É a hora de cambiar. É a hora da cidadanía.
A NOVA NA VOZ DE GALICIA:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2015/03/18/Cambados/00031426695225074543228.htm
A NOVA NA VOZ DE GALICIA:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2015/03/18/Cambados/00031426695225074543228.htm
BLOG "SOMOS CAMBADOS":
FACEBOOK "SOMOS CAMBADOS":
FOTOS: EDUARDO APARIZ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario