11 de mar. de 2015

RAMON CABANILLAS E FRANCISCO FERNANDEZ REI NOS SEUS ESCRITOS PARTIDARIOS DA ORIXE DEFENSIVA E MEDIEVAL DA TORRE DA SAN SADURNIÑO

Discutir a categoría humana, científica, a da súa obra,  de dous moustruos de Cambados como foron Ramón Cabanillas “Poeta da Raza” e de Francisco Fernández Rei , erudito e coñecedor como ninguén da historia de Cambados, e como discutir o sexo dos anxos. Que un tipo que se autodenomina arqueólogo que ven duas veces a semana polo concello a
dar unha volta queira tirar por terra teorías tans respetables como as de Ramón Cabanillas , Francisco Fernández Rei Jacobo Dominguez ou do propio Caamaño Bournacell, parecenos cando menos unha ousadia.
Decia Francisco Fernández Rei nun escrito titulado “Cheira a resina, fiúncho e marusía. A paisaxe do mar da Arousa na poesía de Ramón Cabanillas” publicado pola USC
“”A torre de San Sadurniño formaba parte do sistema defensivo que na costa tiña a mitra compostelá para se protexer dos ataques normandos. Cando na “vila vella” de San Tomé (así se chamaba o illote cando estaba habitado) se recibían sinais da veciña torre da Lanzada, desde San Sadurniño, con fogueiras avisaríase á desaparecida torre da Illa da Arousa citada por Sarmiento (na Illa queda o nome do barrio da Torre, na zona onde está a igrexa parroquial) e desde esta posiblemente se farían sinais de aproximación á torre de Cálogo de Vilanova; de aquí á desaparecida torre de Miadelos ou Miradelos (na desembocadura do Ulla, entre O Carril e Bamio), que á súa vez avisaría o Castellum Honesti (as Torres do Oeste de Catoira), que enviaría o sinal á fortaleza da Rocha, nas aforas de Compostela.
Na introdución da Antífona da Cantiga (1951) Cabanillas alude ás incursións dos viquingos na ría da Arousa e a esa paisaxe defensiva na costa do Salnés, á vez que se refire á frota de Xelmírez e a Paio Gómez Chariño, almirante dos
mares, cando despois da conquista de Sevilla navegaba cos seus engalanados navíos polo mar da Arousa cara ó seu señorío de Rianxo:
“…as esguías cuadernas e as quillas, firentes como espadas, dos rexos vikingos ó mando de Olaf o santo, de Ulfo arriscado, do forzudo Vang, de Jorsalafari pescador de tridente, protexidos das loiras valkirias cabalgadoras de nubes; as galeas e birremes de Xelmírez, de remos lizgairos e clamorosos, levando a Euxerio por naucherio e capitán, correndo a costa brava, no entanto a atalaia da Lanzada chisca os ollos de lume ós torreóns vixiantes de Santo Tomé
do Mar, do Xiabre e de Lobeira; os navíos de Charino, cubertos de rosas e de loureiros sevillanos, camiño de Rianxo;…”
Coidamos que Francisco Fernandez Rei non se retractou destas verbas polo que entendemos que seguen en vigor, nos vamos e seguir pensando igual e agás que alguen nos amoso cintificamente a teoría do que quere destruir a historia de Cambados, vamolle seguir explicando a xente que levemos a Torre de San Sadurniño a historia tal  como e non como queren facer ver algúns iluminados.



Ningún comentario: