15 de abr. de 2015

A AUDIENCIA NACIONAL EXCARCELA A SITO “MIÑANCO”

A DECISIÓN XUDICIAL PROHÍBELLE VOLVER A GALICIA 
A Audiencia Nacional acordou excarcelar ao galego José Ramón Prado Bugallo, máis coñecido como Sito Miñanco, quen poderá saír todos os días de prisión para traballar,
aínda que a decisión xudicial prohíbelle volver a Galicia tal e como el mesmo comprometeuse. 
En concreto, o xuíz central de Vixilancia Penitenciaria da Audiencia Nacional, José Luís Castro, co visto bo da Fiscalía,
aplicoulle o artigo 100.2 do Reglamento Penitenciario polo que poderá saír todos os días do cárcere (menos os fins de semana) para desempeñar un traballo. Ademais, no mesmo auto especifícase que este é o "paso previo" a concederlle o terceiro grado, algo que previsiblemente sucederá os próximos meses e que lle permitiría acudir ao cárcere só para durmir.
Sito como presidente do Club Juventud Cambados acadou o éxito mais sonado do futbol cambadés ascender ao Cambados a segunda B.
EUROPA PRESS

Ningún comentario: