20 de abr. de 2015

CAMBADOS,CAMBA,CAMBA-DOS E BESADA .

UN ARTIGO DE XAN GALBÁN
Eu tiven o mellor mestre de historia na extinta EGB,no octavo,derradeiro curso antes de pasares ao BUP onde non
aprendín nada novo que non soubese das clases ilustradas do cura-salesiano D.Angel que derramando sinceridade xa nos advertira que a obxectividade mesmo na disciplina de historia non existía,mais si o estudo serio e científico da materia polo que declarábase "José Antoniano" verdadeiro
Glez. Besada
seguidor do fundador da Falange e polo tanto repudiaba todo sistema monárquico e menos nos tempos actuais e se queredes mesmo nos períodos monárquicos de estudo riguroso soio salvaba a Felipe V e aos Reis Católicos,era da Coruña non liberal.A miña paixón pola asinatura de história demóstrao en que foi a única disciplina na que sacaba a mellor nota con diferenza das demais agás ás veces con ximnasia,cousa que nunca acreditei o por qué,orondo de toda a vida,mais eran as ensinanzas do Salesiano o que me despertou a preocupación polo común,polo público,polo goberno de todos,é dicir,pola política.Contaba D Angel que un ministro da primeira restauración borbónica con Alfonso XIII -hoxe estamos na segunda- chegara a un"pueblo" de Castela a dar un Mitin prometéndolles aos paisanos unha ponte sobre o río ao que o Alcalde a voz baixa apuntoulle que nesa pedanía non había ningún rio polo que o ministro asestou ante os veciños que se non había río,farían ún e logo a ponte. Besada conta D Julio Camba era o que lles tocou aos oriundos da provincia de Pontevedra por esas mesmas datas que a anécdota e cada vez que Camba ía a un Concello ensinábanlle a obra de Besada,sempre de cantería,fixera falla a obra ou non a impronta do político ficaba para o futuro.O mesmo pasa hoxe en Cambados,non se pregunta se é preciso unha gardería ou non,faráse se o Besada de turno presuposta unha partida para facer o edificio,pero se vemos que está rentabilizado políticamente
pronto privatizamos o servizo e a outra estrelada mediática,que sexa necesário para a xente nova que escomenza unha nova vida e que se poida plantexar sequera traguer descendéncia a este mundo e compatibilizalo co traballo deben ser índa plantexamentos alemáns aos que lles gañamos co "pulpo" Paul ao futbol,e xa non che conto se amais queiras ter o dereito de poder escolarizar aos vástagos en galego,ese idioma imposto que nunca se falou de seu ata tal punto que a orixe da palabra Cambados è anterior á fala galega "Camba-dos" de dous irmáns; logo sería Cambadous ou? ai... viva Cortegada.
UN ARTIGO DE XAN GALBÁN

Ningún comentario: