19 de abr. de 2015

PORQUE A FGCN É TAN INTRANSIXENTE CON SITO PRADO E TAN CONDESCENDENTE CON FEIJOO

Este dias como todos sabedes estívose a falar en todos medios de prensa da liberdade que por lei lle corresponde a Sito Prado cumprindo todos os requisitos legais e mais, xa que Sito accede a estes
dereitos despois de cumprir moito mais de 2/3 da súa condena,  incluído o seu mais absoluto arrepentimento e repudio do seu pasado diante do propio maxistrado. Pero  xa
Xerente da F.G.C.N.
saíron nada mais coñecer a nova a directiva da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, os puristas de sempre dicindo o de sempre “A organización advirte que a medida abre feridas aínda non pechadas, e pide que se revise a lei

para impedir que este tipo de “delincuentes” poidan beneficiarse destes permisos penitenciarios.”. En troques estes mesmos individuos cando saíron publicadas as fotos de todo un presidente da Xunta como Nuñez Feijoo de vacacións cun narcotraficante sabendo perfectamente quen era e de que vivía Marcial Dorado, omitiron facer calquer comentario sobre as mesmas e incluso
as poucas que fixeron algunhas ata saian na súa defensa.  Doutra banda sempre están coa mesma teima de que os narcotraficantes non debían de ter os dereitos que lle sinala a lei , e nos preguntámonos, porque os violadores de mulleres, os pederastas, os asasinos de nenos,  delitos moito mais execrables que os
de narcotráfico si poden ter eses dereitos. E porque os delincuentes políticos teñen mais dereito que ninguén cando comenten os delitos mais graves que é defraudar a confianza que neles puxeron os cidadáns e aínda encima non devolven os cartos que roubaron. Basta Xa  de cinismos, a FGCN non criticaron a Feijoo por un razón moi sinxela, por medo a perder as subvencións da
Xunta,  hai que falar claro e alto dunha vez. Ninguén discute que Sito , fixo o que fixo pero cumpriu escrupulosamente a súa pena, porque non se lle pode dar unha oportunidade a unha persoa que se amosou arrepentida e repudia o que foi diante de todo un maxistrado e mais así o día lei. Que non se preocupen os señores da FGCN que si Sito no hipotético caso de que volva a delinquir vai sobrar forza policial para botarlle a luva,  ou dubidan estes señores que Sito unha vez estea en liberdade non vai ter unha vixianza especial. Señores da FGCN  hai que ser mais ecuánimes e facerlle menos a “pelota” ao poder, e despois de non criticar as famosas fotos de Feijoo non teñen capacidade moral practicamente para nada. Non sei se saben estes señores que hai un precepto constitucional que di que todos cidadáns son iguais perante a lei, incluído  Sito Prado.


Ningún comentario: