14 de abr. de 2015

PROPOSTAS DO BNG DE CAMBADOS PARA UN MODELO URBANO PENSADO PARA AS PERSOAS

HOXE CHARLA DO BNG EN OUBIÑAO AS 20.30 H. 
A pasada semana escoitábamos a Aragunde, nos medios de comunicación, falar das súas  dúbidas sobre a peonalización da Praza de Fefiñáns. A
día de hoxe semella un pouco ridículo dubidar das posibilidades de contar cun entorno como a Praza de Fefiñáns e seguir desprezándoo  como estrada e
aparcamento. Como exemplos de que a peonalización dos cascos urbanos potencian o pequeno comercio e a hostalería, todos os que se queiran. Cambados é un pobo con moitas posibilidades, sendo o turismo unha  opción que, sen dúbida, se transformaría nun claro motor económico coa peonalización da Praza de Fefiñáns e dalgunhas rúas próximas, actualmente semipeonís. Nin sequera estamos a falar dunha cuestión de valentía política senón de aplicar o sentido común para construír un concello pensado para as persoas e cunha economía que axude crear novos postos de
traballo. O BNG, neste aspecto, non ten ningunha dúbida.
A nivel urbanístico, o BNG de Cambados ao igual que o está a facer en todo o país, defenderá a necesaria racionalidade no proceso de ordenación do territorio que permita estabelecer un modelo territorial sustentable que garanta o equilibrio territorial, o
desenvolvemento urbanístico racional e a protección do patrimonio, o medio ambiente e a paisaxe. A política urbanística será acorde coas necesidades reais da poboación, favorecendo a creación de terreo urbano onde sexa preciso e non en función dos intereses de grupos inmobiliarios.
O BNG aplicará unha política urbanística concibida como un instrumento ao servizo do interese xeral e público en base a transparencia e participación, sostibilidade, racionalidade, equilibrio territorial e equidade, con reparto equilibrado de cargas e beneficios.
E entre as suas prioridades está a de redactar un PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL que resolva os problemas máis urxentes de Cambados: terreos urbanizables, aparcamentos, remate de rúas sen saída, viais
de circunvalación, consolidación de núcleos rurais existentes, dotación de terreos para vivendas sociais e protexidas, zonas de protección medioambiental, terreos para dotación de servizos públicos, conservación do patrimonio e accesos a centros de ensino.
O BNG tampouco se esquecerá da  revisión do PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ORDENACIÓN DO CONXUNTO HISTÓRICO-ARTÍSTICO, adaptado á
singularidade dos tres núcleos históricos de Cambados e ás necesidades da poboación.
E, así mesmo, dentro das propostas de carácter urbanístico do noso programa tamén estarán:
-Elaborar un programa de vivenda que contemple convenios coa administración galega, a creación de solo para vivendas sociais, a rehabilitación de vivendas, a renovación de espazos urbanos, a recuperación de núcleos rurais, actuación en infravivendas…

-Promover a rehabilitación e mellora das vivendas, especialmente nos núcleos rurais e no casco histórico.
-Peonalización da Praza de Fefiñáns e recuperación da
antiga escalinata da Igrexa de Fefiñáns.
-Mellora do espazo urbano: facilitar a mobilidade peonil ampliando os seus espazos de uso, eliminar as barreiras arquitectónicas, mellorar a limpeza…
-Reclamar a propiedade municipal para a Calzada e a Alameda de San Tomé, afectadas por Costas.
-Realizar un Plan de Ordenación de Tráfico. 

HOXE CHARLA DO BNG EN OUBIÑA AS 20.30 H. 
Hoxe ás 20.30 horas no Centro Cultural Manuel mariño Castro de Oubiña, O bng agardate para escoitar as túas propostas para as vindeiras eleccións municipias co lema de que o BNG fai o programa entre todos e todas e quere que expreses as tuas inquedanzas e animate a participar.  


Ningún comentario: