15 de maio de 2015

CONCURSO PARA A PRÓXIMA IMAXE DE GRUPINFOR

Grupinfor é unha empresa de Cambados cun forte compromiso coa formación e o emprego que acaba de lanzar unha novedosa iniciativa para valorizar a “beleza autóctona” que posúen TODOS os rapaces e rapazas da Comarca do
Salnés. E ademais de que os nenos o pasen moi ben, poder axudar ás familias con interesantes premios económicos e formativos (valorados en máis de 400€) e tamén ao comercio local xa que este premio probablemente reverta na maltreita economía da zona.

En Grupinfor buscan a IMAXE PARA AS PRÓXIMAS CAMPAÑAS, e con iste motivo, queren animar a todos os nenos e nenas de entre 4 e 10 anos da Comarca de O Salnés
a que se presenten.

As inscricións terán que facerse presencialmente nas instalacións de Grupinfor, en Avda. Rosalía de Castro, 18- Baixo, Cambados, levar unha foto do neno/a participante e a fotocopia do DNI do pai/nai/titor, dende o 12 de Maio ate o
12 de Xuño de 2015.

As votacións das fotografías serán dende o 13 de Xuño ate o 5 de Xullo a través da páxina de Facebook de Grupinfor.

O día 6 de Xullo comunicaranse os dous gañadores de Facebook (para as campañas e cursos formativos) e ese mesmo día ás 12 se fará un sorteo público onde sairá un gañador dos 100€ en metálico.  

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Ningún comentario: