DUN PRESIDENTE DE “PRIMEIRA”(RICHAR), A UN ALCALDE DE SEGUNDA REXIONAL (ARAGUNDE)
Hoxe anuncia o actual presidente do Cambados na Voz de Galicia que convoca eleccións para o 24 de maio (que casualidade coinciden coas municipais) e polo tanto non
espera ao 30 de xuño para darlle tempo a nova directiva a facer o seu traballo porque él descarta presentarse. As manifestacións de Sergio González no Voz son desoladoras o único que non cremos das mesmas é que “…so tivera a colaboración do Concello…”. Nos pensamos que probablemente Luís Aragunde o inducira a que collera a presidencia, por ser un home afín politicamente, xa que o anterior Richar Charlin non
era do seu agrado. Luís abandonou a súa sorte a Sergio González por moito que diga este que o axudou, e logo Luís rematou pedíndolle os que probablemente vaian coller o club que o fixeran canto antes a costas de Sergio. Luís vai ser recordado por ser o Alcalde que mais abaixo deixou o fútbol en Cambados. Pero isto afortunadamente xa é historia, hoxe mais que nada queremos resaltar unha carta de Richar que é todo un exemplo para todos os cambadeses, e nos quedamos con ela, a carta titulase”ELECCIÓNS NO CAMBADOS” e di así:

"""Non é tempo de buscar culpables. Posiblemente todos temos un pouco de culpa da situación actual do Club Juventud de Cambados co seu primeiro equipo descendido a Segunda Autonómica. Tampouco é agora o momento de aferrarse a nostalxia de tempos idos nos que o nome do noso club era un orgullo deportivo para o pobo. E si botamos
a vista atrás que sexa baixo a perspectiva, non só da derrota deportiva, senón do balance da formación de tantos e tantos xogadores que pasaron polo club en todos estes anos. Ese balance é moi positivo, e é o que debe alentar á vindeira directiva, para non decaer na dura tarefa que se deberá abordar para recuperar a entidade.

O mandato da directiva actual remata o vindeiro 30 de xuño. Sen embargo é moi importante adiantar a data na que se elixirá o novo presidente. A confección do novo equipo, o orzamento, a procura dun patrocinador, a posta en marcha dos equipos base, son cuestións que precisan de tempo para que as cousas saían ben a curto-medio prazo. Agora é tempo de mirar ó futuro, de abrir un prazo para a celebración de eleccións e canto antes se convoquen mellor para o club.Richard Charlín."""
*Ex xogador, ex presidente e socio do Club Juventud de Cambados.
FOTOS: A VOZ DE GALICIA, DIARIO DE AROUSA E FARO DE VIGO.

Ningún comentario:
Publicar un comentario