12 de maio de 2015

LUÍS ARAGUNDE RECOÑECE ANTE AS "PLACEIRAS" QUE USOU SUBVENCIÓNS DESTINADAS A PRAZA DE ABASTOS PARA “FACER OUTRAS COUSAS”.

UNHA PESCANTINA REPROCHOULLE QUE SE FUMIGARA A LONXA VELLA E CASA ANEXA SEN ADVERTILO E SEN PERMISO DE SANIDADE.
O luns pasado houbo unha reunión das "placeiras" co Alcalde Luís Aragunde sendo o punto primordial do día o remate da explotación dalgúns postos da praza de abastos. Pero o que menos esperaba o alcalde é que nesa reunión saltaran
chispas e iso que as "placeiras" pro PP, que aínda son unhas cuantas quixeron quitarlle “ferro ao asunto”.
A historia comeza o mércores pasado cando un empregado da empresa Tragal S.L. , empresa destinada a fumigar e a cabar con pragas  comentoulle a un industrial cambadés  que estivera desratizando na zona da lonxa vella
ao carón da praza de abastos sen permiso de ninguén só coa anuncia dio concello de Cambados e concretamente dunha persoa que “corta o bacallau” no Concello. Esta persoa advertiulle ao empregado de Tragal que non contara nada nin que se supera nada que a cousa era bastante peliaguda e incluso podía influír nas vindeiras eleccións municipais. Ao día seguinte xoves 30 de abril mais dunha peixeira sufriu picores de garganta e dores de cabeza. Logo "vallaron" a
zona, o empregado tivo que utilizar un traxe especial para desratizar e este ao parecer advertiu ao concello que lle facían falta mais dias para desratizar pois había unha invasión de ratas e de insectos. O empregado de Tragal díxolle a esa persoa importante do concello que había que poñer uns letreiros para advertir as "placeiras" e mais a xente en xeral. Dias posteriores ao parecer o empregado en cuestión seguiu desratizando sen precaución algunha para os transeúntes e usuarias da praza.
UNHA PEIXEIRA  DEULLA NOVA DA DESRATIZACIÓN A ARAGUNDE E A SÚA RESPOSTA FOI: QUEN CHE DOU ESA INFORMACIÓN?
Unha das peixeiras que estaba na reunión pediulle
explicacións a Aragunde como se estivera desratizando  sen avisalas a elas nin aos clientes, a resposta de Aragunde foi : Quen che dou a ti esa información?. Ao que lle respostou a peixeira, que o importante non é quen lla dera, o importante é que era certo e que se xogou coa súa saúde e ca dos clientes sen avisarlle. Aragunde estaba tan
nervioso que chegou a ver cinco botellas de auga durante a reunión, non esperaba  as criticas pese a que a que as peixeiras pro PP o apoiaban e querían facer calar as que protestaban, pero aí non terminou o conto.
LUÍS ARAGUNDE RECOÑECE ANTE AS "PLACEIRAS" QUE USOU SUBVENCIÓNS DESTINADAS A  PRAZA DE ABASTOS PARA “FACER OUTRAS COUSAS”.
Outra das "placeiras" preguntoulle a Aragunde que pasaba
coas subvencións que viñan para a praza de abastos que elas non vían ningunha, Luís Aragunde recoñeceulle que as subvencións  efectivamente chegaban dende a Xunta de Galicia pero díxolles que eran utilizadas para “outras cousas” do concello o que lle respostou unha das "placeiras" que iso non era normal, que as subvencións da praza tiñan que reverter na praza. 
O que non nos explicamos é como en plena época electoral sabendo como sabemos o que lle gusta presumir a Aragunde de estar con todos os colectivos, fixera esta reunión sen luz e taquígrafos e que a prensa convencional non publicara nada ou non quixera publicar nada só o blog Cores de Cambados se fixo eco da nova , pero que saibas Aragunde que non todas as "placeiras" son do PP e que non todas che "doran" a píldora.


Ningún comentario: