NON ESQUEZAMOS QUE RUEDA É SECRETARIO EN EXCEDENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS.
MENTRES OS PATRÓNS MAIORES SEGUEN A ESPERAR QUE RUEDA OS RECIBA PARA SANEAR A RIA
Hoxe o Faro de Vigo é o único que medio que publica unha nova que destaca sobre os demais, sobre todo para os
cambadeses e non é outra que o propio Vicepresidente da Xunta vai vir a Cambados para negociar con "Cambados Pode", iso da a medida da importancia que lle pon o PP de Galicia para non perder un concello como Cambados. A nova empeza dicindo que o número 2 da Xunta de Galicia e do PP galego estase implicando “persoalmente” nas negociacións, no momento de facer este artigo ainda estaba en pe a xuntanza para o vindeiro martes anunciada na prensa na que estaran varios representes do cuadripartito.
![]() |
| Rueda foi Secretario con Touris de Alcalde. |
Cando algúns que peiteamos canas , estabamos en época xuvenil no Club Juventud Cambados, había un presidente que entraba na caseta antes da cada partido e sempre nos dicía “Hai que poñer toda a carne no asador…” unha frase que si fixo famosa no mundo do fútbol, isto é o que esta a facer o PP de Galicia. Pero non creades que é casual que veña a Rueda a negociar, non, non é nada casual. Rueda é coñecedor a fondo do que pasa nas cloacas do Concello de Cambados, pois el foi Secretario do concello con Tourís e de aqui deu o paso a Xunta, é el é o que quita e pon Secretarios non Concello de Cambados dende que él está en excedencia, e sempre poñendo a xente da súa total confianza.
Moitas fontes indican que o que se pode "destapar" no Concello de Cambados é de tal calibre que nos dicía o outro día unha persoa que traballa no concello: “Si fala fulano de tal , mais de un que prepare as maletas para ir para A Lama”.
Está claro que é cuestión de prioridades, para o PP é moito mais urxente negociar con Cambados Pode que sanear a Ria. Isto é o que se deriva da nova que publica hoxe Faro de Vigo. Mentres os Patróns maiores da Ria de Arousa están a esperar que os reciba para o tema do saneamento da mesma. A Ria está morrendo e a eles dálle igual , o que lle importa é que non se descubran as súas miserias.
FOTOS: Faro de Vigo e Diario de Arousa.




Ningún comentario:
Publicar un comentario