As eleccións celebradas o 24M, supuxeron un grave retroceso do PP en moitos lugares e en especial na provincia de Pontevedra e na comarca e incluso na nosa vila en Cambados, que estes días tamén se está a “negociar” o futuro alcalde de Cambados, tanto a ala progresista como a ala conservadora. Pero o que iamos, o que o PP en Pontevedra
denomina como “joya de la corona” , o que ven a ser a deputación de Pontevedra, con toda seguridade cambia de mans e Rafael Louzán vai deixar de ser o presidente da mesma , el que sempre foi moi magnánimo cos equipos da zona do Salnés , pois non esquecemos que él é concelleiro por Ribadumia. Se ir mais lonxe o caso do equipo da súa vila o Ribadumia e un caso fora do normal, porque non deixa de ser excepcional que un equipo dunha poboación de 5000 habitantes teña un equipo en terceira división e loitando en certos momentos polo ascenso e outro o Umia recén ascendido a primeira autonomica. Outro tamto lle pasa a outros equipos da zona. É evidente que como pasou ate o de agora que Vigo para a deputación estaba un “pouco esquecido”, seguramente nun futuro Vigo será mais beneficiado pola deputación en prexuízo doutras zonas entre elas a nosa. Esperemos que estas axudas non se noten na marcha pola LEB prata do noso Xuven, que o vindeiro día seis de xuño ten asemblea para decidir o seu futuro. Non adiantemos acontecementos, pero o que si estamos seguros que aí estará Fatima Abal para reivindicar para o Salnés e para Cambados o que en dereito lle corresponda a futura presidenta da deputación a viguesa e tamén socialista Carmela Silva, pero o que si está claro é que a marcha de Louzán, dun xeito ou doutro, vai influír na marcha de doporte do Salnés.

FOTOS: DIARIO DE AROUSA

Ningún comentario:
Publicar un comentario